Estados de Iberoamérica en azul.
Cume Iberoamericano do 2007.
Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués . Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica . Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá , EEUU , Belize , Suriname e a Güiana francesa ) e inclúen tamén Cuba , a República Dominicana e Porto Rico .
Precisións xeográficas
A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estado Unidos formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana , Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.
Superficie
Poboación
Cume Iberoamericano
Países que participan no Cume Iberoamericano. Membro de pleno dereito. Membro europeo de pleno dereito. Membro asociado. País que solicitou o ingreso. Posible membro futuro (Belize ).
Dende 1991 vénse realizando anualmente o Cume Iberoamericano . Nesta conferencia participan os dezanove países independentes de Iberoamérica e os tres da Península Ibérica (Andorra , España e Portugal ). Bélxica , Filipinas , Francia , Guinea Ecuatorial , Haití , Italia , Marrocos e os Países Baixos participan como membros asociados.
Ademais de Porto Rico , outros países que foron posesións españolas ou portuguesas en África , Asia e Europa , como Angola , Guinea-Bissau , Mozambique , a República Árabe Saharauí Democrática e Timor Leste , solicitaron formar parte do cume.[ 3]
Notas