A 82ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2009 e celebrouse o 7 de marzo de 2010 no Teatro Kodak en Hollywood, Os Ánxeles. A cerimonia celebrouse bastante despois das datas acostumadas de febreiro para evitar conflitos cos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010.[1] Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores Alec Baldwin e Steve Martin presentaron o espectáculo. Martin presentou por terceira, pois xa o fixera na 73ª edición e na 75ª, mentres que Baldwin presentou por vez primeira. Esta foi a primeira en ter transmisión televisiva con múltiples presentadores dende a 59ª edición[2]
O 24 de xuño de 2009, o presidente da Academia Sid Ganis anunciou nunha conferencia de prensa que, coa finalidade de revitalizar os premios, a cerimonia de 2010 tería dez nomeados ó Mellor filme no canto de cinco,[3] unha práctica que desapareceu despois da 16ª edición (celebrada en 1944). O 20 de febreiro de 2010, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Óscar á técnica foron presentados por Elizabeth Banks.[4]
Os filmes con máis nomeamentos foron Avatar e En terra hostil, con nove cada un. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 7 de marzo de 2010.[6][7]
Premios
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]
District 9 – Dan Kaufman, Peter Muyzers, Robert Habros e Matt Aitken
Star Trek – Roger Guyett, Russell Earl, Paul Kavanagh e Burt Dalton
Premios da Academia Honoríficos
A academia celebrou a súa primeira cerimonia anual Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2009, na que foron presentados os seguintes premios.[9][10][11]