The Imaginarium of Doctor Parnassus é un filme de fantasía dirixido por Terry Gilliam que se estreou no 2009. Christopher Plummer, Tom Waits e Heath Ledger protagonizan o filme, pero a morte de Ledger, ocorrida durante a filmación, suspendeu temporalmente a produción. Johnny Depp, Jude Law e Colin Farrell completaron o papel, personificando transformacións do personaxe de Heath, Tony, a medida que viaxa por un mundo irreal.
Sinopse
No presente, o actor inmortal de mil anos de idade chamado Doctor Parnassus (Christopher Plummer) ten unha compaña teatral que lle ofrece á súa audiencia ir máis aló da realidade mediante un espello máxico. Os membros da compaña inclúen a un ilusionista experto, Anton (Andrew Garfield), e un anano, Percy (Verne Troyer); Parnassus conseguira a inmortalidade mediante un trato co Diaño (Tom Waits), quen chega a recoller o que lle pertence segundo o acordo, a filla do doutor (Lily Cole). A compaña, á cal se une un misterioso forasteiro chamado Tony (interpretado por Heath Ledger, Johnny Depp, Jude Law e Colin Farrell), embarca cara mundos paralelos para rescatar á rapaza.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2009: Oscar: 2 nomeamentos: mellor dirección artística e vestiario.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas