Roger Corman

Modelo:BiografíaRoger Corman

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roger William Corman Editar o valor en Wikidata
5 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 2024 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford - enxeñaría industrial (–1947)
High School de Beverly Hills (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor de televisión, produtor de cinema, guionista, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulie Corman (1970–2024), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
IrmánsGene Corman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000339 Allocine: 7127 Rottentomatoes: celebrity/roger_corman Allmovie: an9534 TCM: 39233 TV.com: people/roger-corman IBDB: 112488
BNE: XX1102070 Musicbrainz: 86ac3ba4-b02d-4520-89b6-2e371f70c174 Discogs: 2886993 WikiTree: Corman-376 Editar o valor en Wikidata

Roger William Corman, nado en Detroit (Míchigan) o 5 de abril de 1926 e finado o 9 de maio de 2024 foi un produtor e director de cinema de culto estadounidense, coñecido polos seus numerosos filmes de pouco orzamento. Baixo a súa dirección comezaron no cinema moitos directores recoñecidos.

Traxectoria

A súa carreira comezou con westerns como Five Guns West, co que debutou como director en 1955 ou Apache Woman, mentres que os seus primeiros pasos no cinema de terror e na ciencia ficción deunos con Swamp Women e Day the World Ended. Entre os seus filmes máis coñecidos destacan os baseados en contos de Edgar Allan Poe producidos pola American International Pictures (A.I.P.), incluíndo A caída da casa Usher (1960), O pozo e o péndulo (1961), O corvo (1963) e A máscara da morte vermella (1964). Na meirande parte destes filmes o protagonista era o actor Vincent Price e algúns papeis secundarios foron interpretados por actores novos e entón descoñecidos, como Jack Nicholson[1] ou na decadencia da súa popularidade, como Boris Karloff. Calcúlase que produciu máis de trescentos filmes, dirixindo preto de cincuenta deles.

Un dos seus filmes, Not of This Earth (1957), reúne vampirismo e invasión alieníxena. Trinta anos despois produciu ao seu fan Jim Wynorski unha nova versión do mesmo, protagonizado pola ex-estrela do cinema pornográfico Traci Lords.

Entre os directores que traballaron con Corman no inicio das súa carreiras están Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Ron Howard, Peter Bogdanovich, Jonathan Demme, James Cameron e John Sayles. Moitos recoñecen que Corman lles influíu fondamente no seu xeito de facer cinema. Actores como Jack Nicholson, Peter Fonda, Bruce Dern, Dennis Hopper e Robert De Niro tamén comezaron traballando con Corman.

A súa autobiografía, publicada en 1990, titúlase How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never Lost a Dime (“Como realicei un cento de filmes en Hollywood e nunca perdín un centavo”) e documenta a súa experiencia na industria cinematográfica.

Corman faleceu na súa casa de Santa Monica o 9 de maio de 2024 con 98 anos de idade

Filmografía

Filme
Ano Título Contribución Notas
1954 Monster from the Ocean Floor Produtor
Actor ("Tommy") (sen acreditar)[2]
Dirixido por Wyott Ordung
1955 Swamp Women Director
1955 Five Guns West Director
Presentador[2]
1955 The Beast with a Million Eyes Director (sen acreditar)[2] Dirixido por David Kramarsky
1955 Apache Woman Director
1955 Day the World Ended Director
1955 The Fast and the Furious Produtor
Stunt driver (sen acreditar)
Actor ("Roadblock State Trooper") (sen acreditar)[2]
Dirixido por John Ireland
1956 The Oklahoma Woman Director
1956 Gunslinger Director
Presentador[2]
1956 It Conquered the World Director
1957 Naked Paradise Director
Actor ("Office Worker")[2]
1957 Carnival Rock Director
1957 Not of This Earth Director
1957 Attack of the Crab Monsters Director
1957 The Undead Director
1957 Rock All Night Director
1957 Teenage Doll Director
1957 Sorority Girl Director
1957 The Saga of the Viking Women and Their Voyage to the Waters of the Great Sea Serpent Director
1958 I, Mobster Director
1958 War of the Satellites Director
Actor ("Ground Control")[2]
1958 Machine-Gun Kelly Director
1958 Hot Car Girl Actor ("Cop Who Finds Note") (sen acreditar)[2]
1958 Teenage Cave Man Director
1958 The Cry Baby Killer Actor ("Joe - TV Truck Man") (sen acreditar)[2]
1958 She Gods of Shark Reef Director
1959 Un caldeiro de sangue Director
1960 Ski Troop Attack Director
Actor ("German Soldier Entering Cabin") (sen acreditar)[2]
1960 Battle of Blood Island Actor ("Soldier on Hilltop") (sen acreditar)[2]
1960 The Wasp Woman Director
Actor ("Doctor in the Hospital") (sen acreditar)[2]
1960 A caída da casa Usher Director
1960 The Little Shop of Horrors Director
1960 Last Woman on Earth Director
1961 Atlas Director
Actor ("Greek Soldier") (sen acreditar)[2]
1961 Creature from the Haunted Sea Director
Boom operator (sen acreditar)[2]
1961 O pozo e o péndulo Director
1962 A teima Director
1962 The Intruder Director
1962 Historias de terror Director
1962 Tower of London Director
1963 The Young Racers Director
1963 O corvo Director
1963 The Terror Director
1963 O pazo encantado Director
1963 O home cos raios X nos ollos Director
1963 Dementia 13 Produtor Dirixido por Francis Ford Coppola
1964 A máscara da morte vermella Director
1964 The Secret Invasion Director
1964 A tumba de Ligeia Director
1965 Voyage to the Prehistoric Planet Produtor Dirixido por Curtis Harrington
1966 Os anxos do inferno Director
1966 Blood Bath Produtor
Actor ("Antonio Sordi") (sen acreditar)[2]
Dirixido por Jack Hill e Stephanie Rothman
1967 A cabalgada dos malditos Director (sen acreditar)[2] Dirixido por Phil Karlson
1967 The St. Valentine's Day Massacre Director
1967 The Trip Director
1968 Targets Produtor Dirixido por Peter Bogdanovich
1968 The Wild Racers Director (sen acreditar)[2] Dirixido por Daniel Haller
1969 De Sade Director (sen acreditar)[2] Dirixido por Cy Endfield
1969 Target: Harry Director (como Henry Neill)[2]
1970 Bloody Mama Director
1970 The Dunwich Horror Produtor Dirixido por Daniel Haller
1971 Gas-s-s-s Director
1971 O Barón Vermello Director
1972 Boxcar Bertha Produtor Dirixido por Martin Scorsese
1973 Sweet Kill Produtor Dirixido por Curtis Hanson
1974 Calor entre reixas Produtor Dirixido por Jonathan Demme
1974 Cockfighter Produtor Dirixido por Monte Hellman
1974 O padriño (II parte) Actor ("Senator #2") (sen acreditar)[2] Dirixido por Francis Ford Coppola
1975 Death Race 2000 Produtor Dirixido por Paul Bartel
1976 Cannonball! Actor ("District Attorney")[2] Dirixido por Paul Bartel
1976 Fighting Mad Produtor Dirixido por Jonathan Demme
1976 Eat My Dust Presentador[2] Dirixido por Charles B. Griffith, protagonizado por Ron Howard

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Corman, Roger & Jim Jerome, How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never lost a Dime, Muller, 1990

Ligazóns externas