Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O óblast de Sakhalin é unha subdivisión rexional de Rusia que abrangue a illa de Sakhalin e as illas Kuriles. O óblast ten unha superficie de 87 100 km2, o seu centro centro administrativo e principal cidade é Yuzhno-Sakhalinsk e a poboación é de 497 973 habitantes.[1] segundo o censo de 2010. Constitúe a única rexión administrativa insular rusa, e o sur de Sakhalin e as Kuriles do Sur foron posesión xaponesa. A maior parte da poboación é de orixe rusa e tamén é importante a presenza de xente orixinaria doutros pobos antiga Unión Soviética mais hai tamén máis dun 5% de orixe coreana, os pobos orixinarios da rexión son os nivkhs e ainus.