Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A República dos Chuvaxos[1] (en ruso: Чува́шская Респу́блика — Чува́шия; en chuvaxo: Чăваш Республики — Чăваш Ен), ou Chuvaquia[2] (Чува́шия), é unha república rusa. É a patria do pobo chuvaxo. A súa capital é a cidade de Cheboksary. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 1 251 619.[3]