Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cebreiro .
Álvaro Cebreiro Martínez , nado na Coruña o 26 de maio de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1956 , foi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en A Nosa Terra cando só tiña dezaseis anos de idade.
Traxectoria
Estudou na Escola de Comercio da Coruña. En 1919 comezou a colaborar en A Nosa Terra , Mondariz e Alborada facendo caricaturas. Fixo a primeira exposición en 1920 na sede das Irmandades da Fala da Coruña. Traballou en El Pueblo Gallego , El Sol , Faro de Vigo , Vida Gallega , El Ideal Gallego , Galicia Emigrante , Mariñana , As Roladas , Ronsel e Alfar , e deseñou a cabeceira de Mar y Tierra .
Con A. Villar Ponte e Bernardino Machado na Coruña en 1927.
Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 , xunto co poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto Máis alá! , relativo á vangarda artística e literaria galega. En 1923 viaxou a París , onde frecuentou academias libres e fixo amizade con varios artistas, entre eles Tsuguharu Foujita . En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal , de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte . O drama da Guerra Civil trocoulle o carácter, deixou de coidarse e tivo que pasar varias tempadas no sanatorio antituberculoso de Ferrol, non volveu publicar ata 1945. En 1950 volveu publicar debuxo de humor en El Ideal Gallego [ 1] . Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario" e pouco despois recibiu unha homenaxe organizada por diversos persoeiros como Camilo José Cela , Ramón Cabanillas , Francisco Asorey , Otero Pedrayo , Álvaro Cunqueiro , Mariano Tudela e José María Castroviejo .[ 2]
Recoñecementos
Tumba de Álvaro Cebreiro no cemiterio de Santo Amaro da Coruña .
O 1 de decembro de 2015 , a rúa General Mola da cidade da Coruña pasou a chamarse "Álvaro Cebreiro".[ 3]
Obra
Dibuxos de Cebreiro (1958). Con prólogo de Otero Pedrayo e epílogo de José Fernández Méndez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas