Recibe o seu nome vulgar na honra de Frederick William True, que foi quen decribiu a especie.
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1913 polo biólogoestadounidense Frederick William True, o primeiro conservador principal de bioloxía (1897-1911) no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano,[6] na súa obra "Description of Mesoplodon mirum, a beaked whale recently discovered on the coast of North Carolina". Proceedings of the United States National Museum, 45: 651-657.[4]
O espécime tipo foi unha femia adulta que quedara varada na beira exterior de Bird Island shoal, Beaufort Harbour, Carolina do Norte, que examinou True en xullo de 1912.[4][7]
Mesoplodon mirum9 True, 1913 (desinencia do nome específico impropia)
Características
As principais características de Mesoplodon mirus son:[3][8][9]
É un zifíido de tamaño medio, de corpo fusiforme moi alongado e compimido lateralmente.
Pode alcanzar un tamaño de até os 5,3 m. As femias pesan até 1 400 kg, e os machos, menores,até os 1 010 kg. Ao naceren miden ao redor de 2,2 m de lonxitude.
A cabeza é pequena, coa fronte globosa (melón), e remata nun bico de tamaño medio. O espiráculo pode presentar amosega, e hai unha prega detrás del.
O maxilar inferior excede ao superior. Os dous dentes distintivos dos machos son pequenos e están fixados no extremo do bico (con todo, rexistráronse dentes adicionais). Posúe un dente pequeno, inclinado cara a adiante, no extremo anterior da mandíbula.
Presenta, baixo a gorxa, dous sucos en forma de "V".
A aleta dorsal está situada no terzo posterior do corpo. É pequena e falcada (en forma de fouce) e coa punta arredondada e o bordo posterior cáncavo.
As aletas pectorais son pequenas e de forma lanceolada, e están situadas moi baixas, na zona ventrolateral; presentan alforxas tras as axilas, onde o animal pode repregalas cando se mergulla.
A coloracción é gris o gris apardazada na pate traseira, máis clara nas partes inferiores e notabelmente máis escura nos beizos, ao redor dos ollo e preto da aleta dorsal. Ma zona xenital hai unha superficie de tamaño varábel de manchas brancas, amareladas ou pardas.
Ás veces tamén hai unha zona escura entre a cabeza e a aleta dorsal. Unha femia no hemisferio sur era de cor negra azulada cunha zona branca entre a aleta dorsal e a caudal, así como unha mandíbula e unha gorxa de cor gris claro, con moutas negras. Un individuo das Illas Canarias tiña unha área branca desde o fociño ata o espiráculo.
Os machos teñen cicatrices de ataques de tiburóns.
A especie xeralmente non se atopa a máis de 30° ao norte ou ao sur do ecuador, o que pode indicar que as subpoboacións norte e sur están illadas entre si, e que posibelmente sexan xeneticamente distintas, o que está apoiado por diferenzas morfolóxicas e de cor.[12][13] Non existen estimacións sobre a súa poboación.
Até os últimos anos, os zifios de True só se identificaban raramente no mar, e non hai estimacións da súa abundancia. Porén, non se cre que a especie sexa rara no Atlántico norte. Non hai información sobre as tendencias da abundancia global desta especie.[1]
Hábitat e bioloxía
Mesolodon mirus é probblelmente unha especie peláxica de augas profundas, como outros zifíidos.[14]
Como outros membros do xénero, nos animais varados encontráronse luras (principalmente Loligo spp.) no estómago. Tamén se encontraron peixes, polo menos ocasionalmente. A análise de isótopos estábeis descubriu que esta especie se alimenta a un nivel trófico similar a outras especies de Mesoplodon coas que é simpátrica, pero a un nivel trófico inferior ao do zifio de Cuvier e aos golfiños mulares do norte, o que suxire que se alimenta de presas máis pequenas que estas últimas especies.[15]
Probabelmente forme gupos reducidos, e 3 a 5 individuos.[3]
Ameazas
Case non hai información sobre as ameazas e o estado desta especie. Parece que nunca foi cazado. O seu enredamento nas artes de pesca, especialmente nas redes de enmalle nas augas profundas (por exemplo, as que e empregan pa ao atún), é probabelmente a ameaza máis significativa.[1]
Como especie de augas temperadas, o zifio de True pode ser vulnerábel aos efectos do cambio climático, xa que o quecemento do océano pode producir un cambio ou contracción do rango das especies xa que incide na temperatura das súas augas preferidas. Porén, descoñécese o efecto destes cambios no tamaño ou posición da área de dispersión desta especie.[17]
A evidencia de individuos varados de Mesoplodon mirus indica que tragaron obxectos de plástico desbotados. Isto pode levar á súa morte.[18]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualikfica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]
En Galicia
A presenza desta especie en Galicia é accidental.[3]
Notas
↑ 1,01,11,21,3Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): True's Beaked Whale. Mesoplodon mirus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de novembro de 2020.
↑Moore, Joseph Curtis (1977): "Diagnoses and Distributions of Beaked Whales of the Genus Mesoplodon Known from North American Waters". En Norris, Kenneth S. (editor) Whales, Dolphins, and Porpoises. Berkeley and Los Angeles: University of California Press.
↑Robbins, J. R.; Park, T.; Coombs, E. J. (2019). "Supernumerary teeth observed in a live True’s beaked whale in the Bay of Biscay". PeerJ7: e7809. doi:10.7717/peerj.7809.
↑Mead, J. G. (1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon". In: S. H. Ridgway and R. Harrison (eds.), Handbook of marine mammals. Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales. ISBN 978-0-1258-8504-1, pp. 349-430. London: Academic Press.
↑ 11,011,1Macleod, C. D.; Perrin, W. F.; Pitman, R. L.; Barlow, J.; Balance, L., D'amico, A.; Gerrodette, T.; Joyce, G.; Mullin, K. D.; Palka, D. L. & Waring, G. T. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management 7(3): 271-286.
↑Ross, G. J. B. (1969): "Evidence for a Southern Breeding Population of True's Beaked Whale". Nature222: 585.
↑Ross, G. J. B. (1984): "The smaller cetaceans of the south east coast of southern Africa". Annals of the Cape Provincial Museums (Natural History)15: 173-410.
↑Houston, J. (1990): "Status of True's beaked whale, Mesoplodon mirus, in Canada". Canadian Field-Naturalist104: 135-137.
↑MacLeod, C. D.; Santos, M. B.; López, A. & Pierce, G. J. (2005): "Relative prey size consumption in toothed whales: implications for prey selection and level of specialization". Marine Ecology Progress Series326: 295-307.
↑Cox, T. M.et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management7 (3): 177-187.
↑Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review44: 431-464.
↑Scott, M. D. et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management3 (1): 87-94.
Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-12-5513040-2.
Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.