Frederick William True, nado o 8 de xullo de 1858 en Middletown, Connecticut, e finado o 25 de xuño de 1914 en Washington, D.C., foi un biólogo estadounidense.
Traxectoria
Frederick W. True era fillo de Charles Kittredge True, ministro metodista, e da súa esposa Elizabeth Bassett Hyde.[1]
True estudou na Universidade de Nova York, onde se gadruou en 1878 como licenciado en Ciencias.[1]
Ao graduarse, aceptou o posto de secretario da Comisión de Pesca dos Estados Unidos (1878-1881). En 1879 foi axente especial experto en pesca, no Décimo Censo dos Estados Unidos. En 1882 estivo a cargo da exhibición de Comisión de Pesca dos Estados Unidos na Exposición de Pesca de Berlín.[1]
True foi o primeiro conservador principal de bioloxía, desde 1897 até 1911, ano da súa morte, no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano.[2]
É coñecido por ser o descritor para a ciencia de varias novas especies, entre elas:
Algunhas publicacións
- 1884. "A provisional list of the mammals of the North and Central America, and the West Indian Islands". Proceedings of the United States National Museum 78: 587–611.
- 1890. "Description of a new species of mouse, Phenacomys longicaudus, from Oregon". Proceedings of the United States National Museum 13 (826): 303.
- 1892. "An annotated catalogue of the Mammals collected by Dr. W. L. Abbott in the Kilimandjaro region, East Africa". Proceedings of the United States National Museum 15: 445–480.
Abreviatura
A abreviatura True emprégase para recoñecer a Frederick William True como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas