Henrique Frederico de Orange Nassau, pai de Guillerme III, reclamou para si, á morte do seu fillo, a sucesión como estatúder en todas as provincias en que aquel exercera o cargo, aínda que a facción republicana dos Países Baixos rexeitou esa solicitude. As provincias anteriormente gobernadas por Guillerme III de Orange-Nassau (Holanda, Utrecht, Güeldres e Overijssel) permaneceron entón sen estatúder. No entanto, as únicas dúas provincias que non tiñan a Guillerme III como estatúder, Frisia e Groninga, pasaron a depender de Xoán Guillerme Friso en 1708. O seu fillo, Guillerme IV de Orange-Nassau, converteuse máis tarde no estatúder de cada unha das sete provincias.
Nos inicios da súa carreira política, Xoán Guillerme creou a terceira póla de Orange, sostida na actualidade polo rei Guillerme Alexandre.
A unión entre Luísa de Orange-Nassau (filla de Guillerme III) e Frederico Guillerme I de Brandeburgo, empurou a Frederico I de Prusia a reclamar para Prusia a transmisión da cidade baixosaxoa de Lingen e o principado de Orange, situado no val do Ródano, que lle foi cedido máis tarde por este a Francia. No entanto, segundo a vontade de Guillerme III de Orange-Nassau, foi Xoán Guillerme Friso de Nassau-Dietz quen herdou o principado de Orange (1702), iniciando unha nova póla da Casa de Orange-Nassau.
En 1711, cando viaxaba desde a fronte en Flandres cara á Haia en relación coa demanda sobre o principado de Orange, o seu barcoafundiuse durante unha forte treboada e Xoán Guillerme Friso resultou morto por afogamento, cando tiña 23 anos. O seu fillo naceu seis semanas despois do seu falecemento.[4][5]
Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)