Xenadio (en latín Gennadius ) foi un presbítero de Marsella que viviu a finais do século V.
Traxectoria
Coñécese como autor dunha obra titulada De Viris Illustribus, cun centenar de biografías de escritores eclesiásticos que vai do 392 ao 495, continuación do tratado de Xerome de Estridón que leva o mesmo título. Todo o que se sabe del dío el mesmo, e incluíuno no colofón desta obra, que comeza: Ego Gennadius, Massiliae presbítero... Fala de que escribiu unha obra contra as herexías en oito libros, outra contra Nestorio en seis libros, contra Pelaxio en tres libros, un tratado sobre o milenarismo e sobre a Apocalipse de Xoán.
Morreu en 496. Escribiu outras obras que non se conservaron salvo a Epistola de Fide mea, tamén chamada Libellus de Ecclesiasticis Dogmatibus, que antes se atribuía a Agostiño de Hipona. Por unha lectura atenta das súas obras parece que, a pesar de ser considerado un defensor da ortodoxia, tivo unha tendencia ao semipelaxianismo[1].
Notas