Veraudunus é un deus celta coñecido por dúas inscricións votivas atopadas en Luxemburgo. Unha desas inscricións suxire que ‘Veraudunus’ pode ser un epíteto do importante deus dos tréverosLenusMarte. En ámbolas inscricións, Veraudunus é invocado xunto con Inciona.
Na pedra altar de Mensdorf, Widdebierg, o deus Veraudunus (DEO VERAVDVNO) e Inciona son invocados na honra da familia imperial en cumprimento do voto feito por Marcus Pl(autius?) Restitutus' nai Alpinia Lucana.[1]
A segunda inscrición é unha pequena placa de bronce de Kaul en Luxemburgo, onde se le:
[LE]NO MAR[TI] VERAVDVN(O) ET INCION(A)E MI [L]ITIVS PRIS CINVS EX VOT(O)
As letras NO MAR poden significar Leno Marti, polo que ‘Veraudunus’ sería un epíteto de LenusMarte,[1] o protector tribal dos tréveros que habitaron no actual Luxemburgo.[2]
Notas
↑ 1,01,1Musée d'histoire et d'art, Luxembourg. 1974. Pierres sculptées et inscriptions de l'époque romaine, catalogued by Eugénie Wilhelm, p.71.
↑William van Andringa (2002). La religion en Gaule romaine : Piété et politique (Ier-IIIe siècle apr. J.-C. Editions Errance, Paris.