Na antiga relixión celta, Ialonus Contrebis, Ialonus ou Gontrebis foi un deus (ou quizais dous deuses relacionados) adorados no que hoxe é Lancashire e Provenza. É coñecido por tres inscricións dedicatorias. Unha, en Lancaster, foi dedicada (en dativo) a Deo Ialono Contre Sanctissimo ("o máis sagrado Ialonus Contre[bis]"); outra, en Overborough en Kirkby Lonsdale, a Deo San Gontrebi ("o sagrado Gontrebis").[1] Na terceira inscrición, atopada en Nîmes, Provenza, Ialonus foi invocado en compaña da deusa Fortuna.[2]
O nome Contrebis probablemente proveña da raíz protocelta trebo- 'casa'.[3]
Notas