Telo é un deus celta, o espírito epónimo de Toulon, no departamento francés de Dordoña. Era a deidade dunha fonte sagrada en torno á cal medrou o asentamento antigo da cidade.
Tamén se teñen atopado unha serie de dedicatorias a Telo preto da cidade de Périgueux. En tres delas, Telo é invocado xunto coa deusa Stanna.[1]
Notas
- ↑ CIL XIII: 948, 950, 952 and 954.