Na relixión galo-romana, Alisanos ou Alisaunus foi un deus local adorado no que hoxe é a Côte-d'Or en Borgoña e en Aix-en-Provence [1].
A inscrición de Gevrey-Chambertin en Côte-d'Or está en lingua gala:
- DOIROS SEGOMARI
- IEVRV ALISANV[2]
- Doiros (fillo) de Segomaros adicou (isto) a Alisanos
A inscrición de Visignot, tamén da the Côte-d'Or, está en latín:
- DEO·ALISANO·PAVLLINVS ❧
- PRO·CONTEDIO·FIL·SVO ❧
- V·S·L·M·[3]
- Paullinus ten cumprido libremente e merecidamente o seu voto ó deus Alisanus en nome do seu fillo Contedius
A raíz Alisa- do nome Alisanus é fonoloxicamante comparable co protocelta *alisā, ‘amieiro’.[4] Polo contrario Miranda Green relaciona o teónimo co topónimo Alesia, o que suporía que foi un deus-montaña.[5]
Notas