Val do Arado é un lugar da parroquia de Furco no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. En 2016 tiña 11 habitantes, 7 mulleres e 4 homes, segundo o INE.
En Val do Arado houbo un ferreiro que chegou aos 100 anos entrado o século XX. Era moi coñecido na contorna e a el acudía moita xente para ferrar os zocos.
Toponimia
O topónimo pode ser un val de arado (o que fai os regos) ou tamén un val de alguén chamado en latín Aratus[1]. Ningún outro lugar galego se chama así.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Furco
Parroquias de Carballedo