Tomás Notario Vacas

Modelo:BiografíaTomás Notario Vacas
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1926 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Córdoba, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Lugo
1991 – 1995
← Vicente Quiroga RodríguezJoaquín García Díez →
Procurador en Cortes
4 de abril de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Víctor Basanta Varela
Alcalde de Lugo
1976 – 1977
← Víctor Basanta Varela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Nacional de Industria Editar o valor en Wikidata

Tomás Notario Vacas, nado en Córdoba (Arxentina) o 22 de agosto de 1926, é un enxeñeiro de camiños, funcionario e político galego de tendencia conservadora que foi alcalde de Lugo en dúas ocasións.

Traxectoria

Os pais eran dunha aldea de Salamanca, pero emigraran primeiro ao Brasil e logo á Arxentina[1], onde naceu Tomás Notario. En 1933 regresan á aldea e aos once anos, xa durante a guerra, comezou o bacharelato na cidade de Salamanca. Estudou enxeñería de Camiños, Canles e Portos en Madrid, onde se doutorou, e comezou a traballar no Instituto Nacional de Industria (INI).[1]

Foi destinado inicialmente a Pontevedra, onde comezou as obras da fábrica de celulosa, e despois a Lugo[1]. Desempeñou distintos postos na Administración do Estado entre os anos 1957 e 1991, e no corpo de funcionarios chegou a ser inspector xefe de servizos. Dirixiu diversas obras hidráulicas e de estradas en lugares de Galicia e de España, como a ponte das Saamasas[1] sobre o río Miño que cruza a estrada de Santiago ao paso pola cidade de Lugo.

O seu primeiro contacto coa política foi nunha candidatura a deputado provincial,[1] nos anos setenta, pero non foi elixido. Nos últimos meses do franquismo, en 1975, foi proposto para alcalde de Lugo polo gobernador provincial José Antonio Barrera Maseda, mais despois de figurar na terna non resultou escollido tampouco. En 1976, os concelleiros elixírono alcalde de Lugo, en oposición da candidatura do alcalde titular Basanta Varela, e ocupou a alcaldía de febreiro de 1976 a outubro de 1977. En paralelo, desempeñou o cargo de procurador en Cortes en representación dos municipios de Lugo entre marzo de 1976 e xuño de 1977. En outubro de 1977, ao ser nomeado inspector xefe de servizos, renunciou á alcaldía por incompatibilidade[1] e porque pensaba que non sería reelixido para encabezar a candidatura da UCD, partido en que militaba,[1] xa que el era do sector máis conservador de José María de Areílza e a á máis centrista xa pensara en Antonio Rosón para o cargo. Mais, finalmente, foi Xosé Novo o escollido para liderar a candidatura).

Nas eleccións municipais de 1991, xa xubilado como funcionario, encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e foi elixido alcalde de Lugo, de xuño de 1991 a xuño de 1995. Baixo o seu mandato derrubouse o Gran Teatro de Lugo, en 1992.[2]

En 2021, xunto coa Caixa Rural Galega, impulsou a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario para axudar economicamente estudantes da provincia de Lugo.[3] A dotación inicial foi de 200.000 euros e que se ampliará até o millón, repartidos a partes iguais entre os patronos.[3]

Distincións

En decembro de 2009, recibiu a Medalla ao mérito no traballo.[4][5]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 García Calvo, Lorena (2021-10-31). "Tomás Notario Vacas: «¡En mi primer mandato salí alcalde de Lugo por viejo!»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-11-01. 
  2. "El Gran Teatro cumpliría 80 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-24. Consultado o 2020-05-25. 
  3. 3,0 3,1 Coto, Arsenio (8 de outubro de 2021). "Impulsan desde Lugo una fundación para investigar en el sector agroalimentario y forestal". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  4. Redacción (26 de decembro de 2009). "Fomento entregará hoy la Medalla al Mérito en el Trabajo al ex alcalde de Lugo Notario Vacas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  5. "El delegado del Gobierno en Galicia anuncia que el acto de concesión …". archive.ph. 2013-01-06. Archived from the original on 06/01/2013. Consultado o 2024-08-20. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Víctor Basanta Varela
 
Alcalde de Lugo
 
1976 - 1977
Sucesor:
Jesús Ibáñez Méndez
Predecesor:
Vicente Quiroga
 
Alcalde de Lugo
 
1991 - 1995
Sucesor:
Joaquín María García Díez