Vicente Quiroga Rodríguez

Modelo:BiografíaVicente Quiroga Rodríguez
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Quiroga, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Lugo
1983 – 1991
← Xosé Novo FreireTomás Notario Vacas → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, aparellador Editar o valor en Wikidata

BUSC: quiroga-vicente-1940

Vicente Quiroga Rodríguez, nado en Quiroga en 1940,[1] é un político galego de tendencia conservadora e aparellador de profesión.

Traxectoria

Foi alcalde de Lugo durante dous mandatos, entre 1983 e 1991, primeiramente fora elixido nas filas da Coalición Popular e a continuación, tras problemas coa súa formación, pasou a formar parte de Coalición Progresista Galega. Quiroga compartiu corporacións municipais, entre outros concelleiros, con Alfredo Mosteirín, Aniceto Codesal, Julio Ulloa Vence, Francisco Cacharro ou Manuel Varela Flores.[2]

Na súa etapa de goberno municipal construíronse os dous aparcadoiros subterráneos do centro histórico e o da Praza da Constitución en Lugo.

No ano 1996 foi condenado por falsidade en documento mercantil. Tras diversos recursos esta condena converteuse en firme e mesmo o Tribunal Constitucional confirmouna.[3]

Notas

  1. «El Campo Castelo es mi lugar de residencia y de ocio», entrevista en La Voz de Galicia, Lugo, 6-1-2019, p. 4.
  2. O ex alcalde de Lugo Vicente Quiroga foi hospitalizado nun centro coruñés El Progreso, 17 de febreiro de 2011.
  3. BOE núm. 14, 16 de xaneiro de 2001 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos


Predecesor:
Xosé Novo Freire
 
Alcalde de Lugo
 
1983 - 1991
Sucesor:
Tomás Notario Vacas