Manuel Pardo de la Vega, nado en Outeiro de Rei en 1832 e finado en Lugo o 4 de febreiro de 1907[1], foi un militar e político galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Pardo de Guevara Baamonde de Taboy e Antonia de la Vega Arias-Enríquez (da Casa de Santa Mariña de Cabreiros). Coronel de Infantaría retirado. Foi fundador e presidente da Cámara Agrícola de Lugo. Foi nomeado alcalde de Lugo en xuño de 1897 e deixou o cargo aos poucos meses. Volveu ser nomeado alcalde en xullo de 1899 e renunciou en abril de 1901.
Vida persoal
Casou con Melchora Pardo-Montenegro Ponte, filla de José María Pardo Montenegro Menéndez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Restauración | | |
---|
Segunda República | |
---|
Franquismo | |
---|
Democracia | |
---|