Xosé Novo Freire, nado na Coruña o 25 de outubro de 1928 e finado en Lugo o 27 de xaneiro de 2012, foi un avogado e político conservador galego, alcalde de Lugo entre 1979 e 1983.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo en 1956. Foi membro da xunta de goberno do Colexio de Lugo durante máis de dez anos. Foi o primeiro alcalde democrático de Lugo (1979, nas listas de UCD) e, posteriormente, un dos membros da executiva de Coalición Galega. Foi tamén director de Cáritas Diocesana en 1971 e promotor de Preescolar na Casa (1977).
Na súa labor de alcalde lucense destacou a creación das zonas residenciais da Piringalla e Garabolos, así como a recuperación do parque de Rosalía de Castro.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Restauración | | |
---|
Segunda República | |
---|
Franquismo | |
---|
Democracia | |
---|