Tito Quincio Flaminino (cónsul 198 a. C.)

Modelo:BiografíaTito Quincio Flaminino

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Titus Quinctius Flamininus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 229 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte174 a. C. Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
198 a. C. – 198 a. C.
Triunviro monetario
196 a. C. – 196 a. C.
Cuestor
Censor romano

← Sextus Aelius Paetus CatusLúcio Valério Flaco (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoMedia República Romana Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQuinctii Flaminini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
FillosTito Quincio Flaminino (cónsul 150 a.C.) Editar o valor en Wikidata
PaisTitus Quinctius Flamininus (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsLúcio Quíncio Flaminino Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVidas paralelas
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
The Nuttall Encyclopædia >>>:Flaminius, T. Quintus Editar o valor en Wikidata

Tito Quincio Flaminino (en latín: Titus Quinctius Flamininus) nado no 228 a. C. ou 229 a. C. e finado no 174 a. C., foi un político e militar da República romana que foi nomeado cónsul no 198 a. C.[1] e tivo un papel fundamental na conquista de Grecia.

Traxectoria

Familia

Segundo Aurelio Víctor,[2] era fillo de C. Flaminio, quen morrera na batalla do Lago Trasimeno; mais esta afirmación aparece a partir dunha confusión da gens Flaminia coa familia dos Flaminini da gens Quincia.[3] Era irmán do cónsul Lucio Quincio Flaminino, quen fora tribuno militar no 208 a. C.[4] baixo as ordes de Marco Claudio Marcelo, e posteriormente cuestor, probablemente en Tarento, onde obtivo o imperium (máxima autoridad civil e militar) durante varios anos, a partir de 205 a. C.

Primeiro anos da carreira pública

Aparece por primeira vez citado cando, no 201 a. C., foi nomeado decenviro para a organización e repartición de terras terras entre os veteranos de Escipión o Africano, no Samnio e en Apulia.[3] A seguir, no 200 a. C., foi un dos Triumviri coloniae deducendae para a repoboación da colonia de Venusia, que perdera moita poboación durante a guerra con Haníbal.[3] En 199 a. C. foi nomeado cuestor e ao final do ano aspirou ao consulado mais os tribunos da plebe, Marco Fulvio Flaco e Manio Curio,[5] opuxéronse por non ter sido, anteriormente, nin edil in cuestor. Porén, o Senado argumentou que xa tiña idade para ser cónsul polo que podía ser candidato e os tribunos cederon.

Consulado

Finalmente, no 198 a. C. foi elixido cónsul xunto con Sexto Elio Peto, malia contar coa oposición dos veteranos aos que dera terras. Tralo sorteo de provincias, a Flaminino tocoulle Macedonia e foi enviado a dirixi-la guerra contra Filipo V de Macedonia e conseguiu o permiso do Senado para recrutar un continxente de 3.000 infantes e 300 cabaleiros como apoio do exército existente, podendo escoller entre aqueles que se distinguiran nas campañas de Hispania e África.[3]

Conflitos

Segunda Guerra Macedónica

Como no momento da marcha, os auspicios non foron favorables, decidiu quedar un tempo en Roma e, cando mudaron, marchou á súa provincia inmediatamente. Embarcouse en Brundusium cara a Corcira onde deixou as tropas e foi á provincia de Epiro cara ao campamento romano e logo reuniuse co exército e planeou a invasión do Reino de Macedonia.

Decidiu asaltar o paso de Antigonia para o que pediu a axuda do partido romano do Epiro, dirixidos por Carops o Vello (Charops) e durante 40 días loitou contra os macedonios. A seguir, Filipe V de Macedonia comezou a negociar coa mediación dos epirotas e Flaminio esixiu a evacuación de Grecia mais de Tesalia. Mentres tanto descubriuse un paso de montaña oculto que evitaba Antigonia e os romanos atravesárono e avanzaron por detrás das liñas macedonias: Antigonia, atacada polos dous lados, xa non opuxo resistencia e os defensores fuxiron a Tesalia despois de perder dous mil homes. Epiro someteuse a Flaminio e recibiu un tratamento suave.

A seguir, o cónsul avanzou por Tesalia e Filipo seguiu unha política de terra queimada. Flaminino asediou Faloria e aínda que atopou resistencia, conquistouna e impuxo unhas duras condicións como castigo para que servisen de exemplo a outras cidades. Pero como as principais cidades tiñan gornicións macedonias, a medida non foi moi efectiva e ademais, o exército macedonio estaba en Tempe dende onde podía socorrer a calquera cidade.

Flaminino proseguiu coa campaña asediando Carax, preto do Peneu, pero os ataques foron rexeitados e houbo levantar o cerco. Despois, dirixiuse cara a Fócida e ocupou varias cidades entre elas algúns portos para poder comunicarse co seu irmán Lucio Quincio Flaminino, xefe da frota, máis a cidade principal, Elatea, resistiu e detivo o seu progreso. Mentres, Lucio conseguiu a alianza da Liga Aquea, entón dirixida por Aristeneto. Pero Megalópole, Dime e Argos mantivéronse fieis ao Reino de Macedonia. Despois de ocupar Elatea, Flaminino estableceu os seus cuarteis de inverno en Fócida e Locrida. Unha revolta en Opus desaloxou a gornición macedonia e parte dos rebeldes chamaron aos etolios e outros aos romanos que, finalmente, tomaron posesión da cidade, o que molestou aos etolios. A gornición macedonia refuxiouse na acrópole pero non foi atacada.

Tregua temporal

Filipo V fixo novas propostas de paz que Flaminino, quen aspiraba a permanecer ao mando un ano máis, aceptou e acordouse unha tregua de dous meses. Nunha reunión no golfo Maliaco, preto de Nicea, que durou tres días, Filipo e Flaminino e mailos seus aliados discutiron a situación. A principal demanda romana e etolia foi a retirada de tódalas gornicións macedonias de Grecia. Flaminino quixo atrasar a resposta e actuou moi políticamente. Polo momento, permitiu o envío de embaixadores macedonios a Roma a cambio da evacuación das restantes posicións en Lócrida e Fócida. Flaminio xa comunicara ao Senado que era necesario esixir a retirada das gornicións macedonias de Grecia (sobre todo as máis importantes de Demetrias, Calcis e Corinto) e os embaixadores macedonios atenderon esta demanda tamén en Roma. Os embaixadores abandonaron a capital e o Senado estendeu o poder a Flaminino por un período indefinido. Conseguido o seu obxectivo, Flaminino declarou que non habería máis conversacións de paz. Filipo V intentou entón aliarse con Nabis de Esparta, quen por aleivosía se apoderara de Argos, quen convidou a Flaminino a unha conferencia naquela cidade onde finalmente se acordou que Nabis sería un aliado romano e que abandonase a guerra contra a Liga Aquea. pero conservaría Argos (aínda que o tratado evitaba esta cláusula). Entón Flaminino dirixiuse contra Corinto onde se esperaba que tamén pasase ao bando romano o tirano Filocles, amigo de Nabis, pero non foi así. Flaminino pasou por Beocia que tivo que renunciar á alianza macedonia e unirse aos romanos, pero a maioría dos beocios con capacidade militar xa estaban servindo no exército macedonio. Só os acarnianos permaneceron leais ao Reino de Macedonia.

Final da guerra

Na primavera do 197 a. C., Flaminio abandonou o campamento e comezou a segunda campaña, axudado principalmente por auxiliares aqueos e etolios. Avanzou cara a Ftiòtida e Filipo, á fronte do seu exército, atopouse con el. Un primeiro enfrontamento menor tivo lugar en Feres, que resultou favorable aos romanos. Os dous exércitos dirixíronse cara Farsalia e Escotusa. A continuación seguiu a batalla de Cinoscéfalos na que morreron 8.000 macedonios e 5.000 máis foron feitos prisioneiros e na que Flaminino obtivo unha vitoria completa (só perdeu 700 homes). Toda Tesalia entregouse aos romanos e Filipo pediu a paz. Os etolios levaron a parte principal na vitoria. Flaminíno acordou co rei unha tregua de 15 días e o permiso para iniciar conversacións de paz. Os etolios esixían moito máis e acusaron a Flaminino de ser subornado polo rei macedonio, pero finalmente estas demandas e acusacións fixeron que os etolios non obtivesen moita recompensa pola súa cooperación. Filipo aceptou os termos de paz propostos polos romanos, asinouse unha tregua durante varios meses e enviáronse embaixadas a Roma.

Flaminino restaurou a liberdade dos soldados beocios que servían en Macedonia e deu o posto de Beotarca a un comandante tebano do exército macedonio (que pronto sería asasinado polo partido romano co permiso de Flaminino). Unha revolta antirromana estalou en Beocia e os romanos atopados no país foron asasinados (uns 500) e os seus cadáveres quedaron sen sepultar. A xeito de represalia, Flaminino arrasou Beocia e asedio Coronea e Acrefia onde se atoparan moitos mortos romanos. Os beocios pediron a paz e finalmente conseguiron a mediación da Liga Aquea pero houbo que entregar os principais líderes rebeldes e pagar unha multa de 30 talentos.

Na primavera do 196 a. C., dez enviados romanos chegaron a Grecia para organizar os asuntos do país xunto con Flaminino. Macedonia tivo que evacuar todas as cidades gregas de Europa e Asia que ocupaba, e renunciar ás que ocupara antes. Corinto foi entregado á Liga Aquea e no verán celebráronse alí os xogos ístmicos nos que se proclamaba a liberdade e a independencia de Grecia, decisión que non se esperaba e que causou gran alegría. Tesalia dividiuse en catro estados: Magnesia, Perrebia, Dolopia e Tesaliótida. A Liga Etolia recibiu Ambracia, Fócida e Lócrida (pero non quedaron satisfeitos) e a Liga Aquea recibiu parte do Peloponeso. Atenas tamén recibiu algunhas posesións.

Guerra contra Nabis

A alianza con Nabis de Esparta, que fora mal vista e en 195 a. C., provocou que Flaminino recibise poderes do Senado para actuar contra o tirano espartano. A guerra contra Nabis comezou co asedio de Argos onde había unha gornición dirixida por Pitágoras de Argos, cuñado de Nabis. Como a cidade non se sublevaba, Flaminino trasladouse a Laconia e producíronse dúas batallas preto de Esparta onde Nabis foi derrotado, pero Flaminino non se atreveu a asediar Esparta e limitouse a arrasa-la rexión. Coa axuda da frota dirixida polo seu irmán Lucius, ocupou Xitíon, que se rendeu sen loitar, tras o que Nabis pediu a paz.

No entanto, os termos que propuxo Flaminino foron rexeitados tanto por Nabis como polos aliados romanos, e o xeneral tivo que atacar Esparta. Atacou a cidade sen éxito e cando estaba a piques de facer un segundo intento, Nabis volveu insistir na paz aceptando os termos previamente rexeitados. Daquela, Argos se sublevou e expulsou á gornición espartana polo que Flaminino foi a esa cidade e, nos xogos de Nemea, proclamou a súa liberdade, sendo incluída na Liga Aquea. Cando finalmente abandonou Grecia evacuou as gornicións de Acrocorinto, Calcis, Demetrias e outras cidades para demostrar que a liberdade concedida non era falsa. Convocou unha asemblea en Corinto na primavera do 194 a. C. e despediuse. O seu último acto foi a compra e manumisión dos romanos que foran feitos prisioneiros durante a Segunda Guerra Púnica e foran vendidos en Grecia. Ao seu regreso a Roma celebrou un magnífico triunfo que durou tres días.

Non moito despois de abandonar Grecia, os etolios instigaron a Nabis e Antíoco III o Grande a participar na guerra contra os romanos. Nabis asediou Xytion que foi ocupada polos aqueos. O Senado romano enviou unha frota dirixida por Caio Atilio e unha embaixada dirixida por Flaminino. Caio, decretouse a guerra contra Nabis e Filopemeno, estratego da Liga Aquea, e estaba a piques de derrotar a Nabis cando Flaminino lle aconsellou que non realizase ningunha acción sen unha orde de Roma.

A seguir, o Senado deu plenos poderes a Flaminíno quen impuxo unha tregua con Nabis. Flaminino obtivo a alianza de Filipo V de Macedonia contra Antíoco, o aliado dos etolios. Coas forzas dos aqueos, os partidos a favor do rei seléucida foron neutralizados no Pireo e Calcis. A chegada de Antíoco a Europa rematou na batalla das Termópilas no 191 a. C. Flaminio continuou a Grecia como embaixador plenipotenciario e, de feito, como protector de Grecia. Trala saída de Antíoco, o cónsul Marco Acilio Glabrio quixo castigar a Calcis polo seu apoio ao rei sirio, pero Flaminino impediuno.

Ao comezar a guerra contra os etolios, mentres o cónsul asediaba a Naupactus, Flaminino, que estaba no Peloponeso, dirixiuse ao campamento romano e os etolios imploráronlle protección. Flaminino apiadouse e conseguiu levantar o cerco. Naqueles días estalou unha revolta no Peloponeso e Flaminino e Filopemeno, o estratego da Liga Aquea, decidiron atacar Esparta, pero restableceuse a paz sen necesidade de guerra. Mesenia rexeitou unirse á Liga Aquea e Filopemeno avanzou cara a Mesenia e Flaminino actuou como mediador conseguindo que, finalmente, Mesenia entrase na Liga, que tivo que ceder a illa de Zakynthos a Roma, que pagou unha cantidade.

Retorno a Roma

O 190 a. C., Flaminino regresou a Roma e foi nomeado censor para o ano 189 a. C. con Marco Claudio Marcelo.[6][7] No 183 a. C., foi enviado como embaixador ante o rei Prusias I de Bitinia quen se ofreceu a entregar a Haníbal aos romanos (Haníbal suicidouse). Morreu ao redor do 174 a. C. ou uns meses antes (os xogos fúnebres celebráronse na súa honra no 174 a. C., e a morte debeu ser nos últimos meses).

Notas

  1. Brougthon (1951), p. 313
  2. De Vir. Ilustr. 51
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Smith (1967), p.162
  4. Brougthon (1951), p. 267
  5. Tito Livio. XXXII, 7; Münzer, F. «Fulvius (56)». RE VII 1.
  6. Brougthon (1951), p. 350
  7. Smith (1967), p.166

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Predecesor:
Lucio Cornelio Léntulo e
Publio Vilio Tápulo
 
Cónsul da República Romana
xunto con Sexto Elio Peto Cato
 
198 a. C.
Sucesor:
Caio Cornelio Cetego e
Quinto Minucio Rufo