Tito Quincio Flaminino (en latín: Titus Quintius Flamininus) foi un político da gens Quincia, orixinaria de Alba Longa, na República Romana que foi elixido cónsul no 150 a. C. xunto a Manio Acilio Balbo.[1][2] Era fillo de Tito Quincio Flaminino, cónsul en 198 a. C. e heroe da Segunda guerra macedónica, ou do seu irmán máis novo, Lucio Quíncio Flaminino, que foi cónsul en 192 a.C. Seu fillo, tamén chamado Tito Quincio Flaminino, foi cónsul no 123 a. C.
Traxectoria
Foi nomeado áugur no 167 a.C. Nese mesmo ano, serviu como legado do rei tracio, Cotys, para recibir o pago do rescate dos reféns e do fillo do rei.[3] En 153 a. C. ou antes, converteuse en pretor e foi elixido cónsul no ano 150 a. C. con Manio Acílio Balbo.
Durante o seu consulado, se construíu un templo dedicado á deusa Pietas (Piedade) no Foro Holitorio no lugar onde houbera unha antiga prisión. Anos despois foi demolido para permitir a construción do Teatro de Marcelo. O seu consulado foi mencionado por Cicerón[4] e Plinio.[5]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic. Volume I (509 B.C. - 100 B.C.) (en inglés). Nova York: The American Philological Association.
- Nadig, Petrus C. (2001). "Q. Flamininus, T.". Der Neue Pauly (DNP). Volume 10 (en alemán). Stuttgart: Metzler. ISBN 3-476-01480-0.
- Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.
Outros artigos
Ligazóns externas