Svetlana Alliluyeva

Modelo:BiografíaSvetlana Alliluyeva

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) სვეტლანა ალილუევა Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de novembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Richland Center, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro colorrectal Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa ortodoxa rusa Editar o valor en Wikidata
EducaciónMSU Faculty of History (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, memorialista, escritora, autobiógrafa, filóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLibro de non ficción e memorias Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Wesley Peters (1970–1973)
Ivan Svanidze (1957–1959)
Yuri Zhdanov (1949–1950)
Grigory Morozov (1944–1947) Editar o valor en Wikidata
ParellaBrijesh Singh
Aleksej Kapler Editar o valor en Wikidata
FillosJoseph Alliluyev
 () Grigory Morozov
Yekaterina Zhdanova
 () Yuri Zhdanov
Chrese Evans
 () William Wesley Peters Editar o valor en Wikidata
PaisIosif Stalin Editar o valor en Wikidata  e Nadezhda Alliluyeva Editar o valor en Wikidata
IrmánsYakov Dzhugashvili
Vasili Dzhugashvili
Konstantin Kuzakov
Artyom Sergeyev
Alexander Davydov
unnamed boy Jughashvili (1916) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nevozvrashchentsy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX855896 WikiTree: Alliluyeva-2 Find a Grave: 81144273 Editar o valor en Wikidata

Svetlana Alliluyeva, nada, baixo o nome Svetlana Iósifovna Stálina (en ruso: Светла́на Ио́сифовна Алилу́ева Сталина, en xeorxiano: სვეტლანა ალილუევა), en Moscova o 28 de febreiro de 1926 e finada en Richland Center (Wisconsin) o 22 de novembro de 2011, foi unha escritora rusa e a filla máis nova de Iosif Stalin. En 1967 fuxiu aos Estados Unidos.

Traxectoria

Baixo a sombra de Stalin

Como moitos outros nenos fillos de altos cargos soviéticos, Svetlana só ocasionalmente vía aos seus pais. A súa nai, segunda dona de Stalin, Nadezhda Alliluyeva morreu o 9 de novembro de 1932, cando Svetlana tiña seis anos, non hai certeza da causa da súa morte, quizais suicidouse ou, mesmo, Stalin puido ordenar a súa morte.

Svetlana namorouse, aos 16 anos (1942), dun director de cine xudeu, Alexei Kapler. Stalin desconforme coa relación, condenou a Kepler a dez anos de traballos forzados en Siberia.

En 1943 casou con Grigori Morozov, estudante xudeu da Universidade de Moscova, despois do nacemento do seu fillo Iosif en 1945, a parella divorciouse en 1947.

Casou en 1949 con Iuri Zhdanov (fillo do home de confianza de Stalin, Andrei Zhdanov), do que tivo unha filla, Ekaterina, en 1950 antes de se divorciar.

Ata a Perestroika

Despois da morte do seu pai en 1953, Svetlana adoptou o apelido da súa nai e traballou como profesora e tradutora en Moscova. En 1963 coñeceu ao comunista indio, Brajesh Singh, de visita en Moscova. En 1965 Singh volve a Moscova para traballar como tradutor, pero non se lles permitiu casar. Cando Singh morreu en 1966, permitíuselle a Svetlana viaxar á India para levar as súas cinzas. Ela permaneceu durante dous meses na India.

O 6 de marzo de 1967, despois de visitar a embaixada soviética en Nova Delhi, solicitou asilo político na embaixada norteamericana. Deixou a India cara a Suíza, no que permaneceu seis semanas antes de poder viaxar aos Estados Unidos.

Na súa chegada, en abril de 1967 convocou unha rolda de prensa para denunciar o réxime do seu pai e o goberno soviético. Debido ao perfil da deserción de Svetlana e as súas conexións como filla de Stalin, o goberno soviético demandou (e obtivo en decembro de 1967) a garantía que no futuro os desertores deberían ser interrogados por oficiais soviéticos antes de que os Estados Unidos lles concedesen o asilo político.

Alliluyeva naturalizouse cidadá norteamericana e fixou a súa residencia en Spring Green, Wisconsin. Casou co arquitecto William Wesley Peters en 1970 e adoptou o nome de Lana Peters. A parella tivo unha filla, Olga, pero o matrimonio disolveuse pouco despois.

Trala caída do comunismo

En 1982 mudou a súa residencia para Cambridge, e en 1984 volveu á Unión Soviética, onde ela e a súa filla adquiriron de novo a cidadanía, e asentáronse en Tiflis. En 1986 Alliluyeva volveu aos Estados Unidos e máis tarde regresou a Gran Bretaña. Finalmente morreu o 22 de novembro de 2011 en Wisconsin a causa dun cáncer de colon.[1]

Obras

  • Twenty Letters To A Friend (autobiografía, publicada en 1967, escrita en 1963).
  • Only One Year (1969).
  • Faraway Music (1985).
  • Alien Ink: the FBI's War on Freedom of Expression (1992).

Notas

  1. Fallece la hija de Stalin. www.bbc.co.uk.