A Sociedade Numismática de Berlín (en alemán: Numismatische Gesellschaft zu Berlin) é unha asociación sen ánimo de lucro alemá que ten como obxectivo o estudo da numismática e a promoción das publicacións científicas sobre a moeda.[1]
Historia
A Sociedade Numismática de Berlín estableceuse o 22 de decembro de 1843; é, xa que logo, unha das máis antigas de Europa no seu xénero, soamente posterior á Royal Numismatic Society de Londres, fundada en 1836, e á Société royale de numismatique de Belguique, fundada en 1841 en Bruxelas.[2]
Os seus fundadores foron 36 entusiastas da numismática e, ao longo da súa historia, contaron entre os seus membros con numismáticos sobranceiros, como Hermann Dannemberg (1824-1905), Emil Bahrfeldt (1854-1929) ou Ferdinand Friedensburg (1858-1930), moitos deles vinculados ao Münzkabinett de Berlín.[2]
Desde 1880, a Sociedade edita mensualmente a publicación periódica Berliner Münzblätter, que durante a época nazi se viu obrigada a cambiar a súa cabeceira por Deutsche Münzblätter.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Asociacións relacionadas coa numismática |
---|
Ámbito internacional | |
---|
Europa | |
---|
América | |
---|
Asia, África e Oceanía | |
---|
Véxase tamén | |
---|