A Unión Numismática Nórdica (en finés e dinamarqués: Nordisk Numismatisk Union; en sueco: Nordisk numismatisk union; –NNU–) é unha entidade asociativa que integra diferentes asociacións e sociedades numismáticas de varios países nórdicos.
Historia e composición
A Unión Numismática Nórdica fundouse en Copenhague, Dinamarca, o 27 de novembro de 1935, e inicialmente estaba constituída por catro gabinetes numismáticos e por cinco asociacións numismáticas de Suecia, Noruega, Dinamarca e Finlandia. A estas cinco uníronselles posteriormente as asociacións de Islandia, das Illas Feroe e de Turku:[1][2]
Asociacións numismáticas
- Asociación Numismática Dinamarquesa (Dansk Numismatisk Forening).
- Asociación de Coleccionistas de Moedas das Illas Feroe (Føroya myntsafnarafelag).
- Fondo Monetario Islandés (Myntsafnarafélag Islands).
- Asociación Numismática Norueguesa (Norsk Numismatisk Forening).
- Asociación Numismática de Turku (Numismatiska Föreningen i Åbo).
- Asociación Numismática Finlandesa (Suomen Numismaattinen Yhdistys).
- Asociación Numismática de Skåne (Skånes numismatiska förening).
- Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen).
Gabinetes numismáticos
Revistas
A NNU é a responsable de dúas publicacións periódicas:
- Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad –NNUM– ("Revista dos membros da NNU"), creada en 1936. Publica arredor de 10 números anuais.[4][5]
- Nordisk Numismatisk Årsskrift –NNÅ– ("Anuario Numismático Nórdico"). Publicouse anualmente entre 1936 e finais da década de 1970 e, a partir de aí, con carácter esporádico.[6][7]
Encontros
A unión celebra un encontro conxunto cunha periodicidade de entre dous e catro anos, nun dos países nórdicos. Os máis recentes foron os seguintes:[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Asociacións relacionadas coa numismática |
---|
Ámbito internacional | |
---|
Europa | |
---|
América | |
---|
Asia, África e Oceanía | |
---|
Véxase tamén | |
---|