Gabinete Real de Moedas de Estocolmo

Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Gabinete Real de Moedas de Estocolmo
Kungliga Myntkabinettet
Edificio do
Gabinete Real de Moedas de Estocolmo


Coordenadas59°20′05″N 18°05′25″L / 59.334722222222, 18.090277777778
PaísSuecia
Cidadeconcello de Estocolmo
Inauguración1572
Visitantes37.642 (2017)[1]
Na rede
http://www.myntkabinettet.se/ e https://ekonomiskamuseet.se/
Facebook: ekonomiskamuseet Twitter: ekonomiska Instagram: ekonomiskamuseet Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Gabinete Real de Moedas de Estocolmo (formalmente, en sueco: Ekonomiska museet - Kungliga Myntkabinettet) é un museo sueco dedicado á historia económica e da moeda, que mantén un rexistro dos achados monetarios de Suecia.

Desde 2020 comparte a súa sede co Museo Histórico de Estocolmo, e forma parte da estrutura de Museos Históricos do Estado.[2]

Os seus fondos están compostos por arredor de 650.000 obxectos, dos que uns 450.000 son moedas procedentes de todo o mundo.[3]

Historia

Orixes da colección

As raíces da colección do Gabinete Real de Moedas están nas coleccións reais suecas. A máis antiga das coñecidas data do século XVI. Cara a 1572, Rasmus Ludvigsson, chanceler de Xoán III (1568-1592) buscou as moedas suecas máis antigas no marco da disputa que se mantiña con Dinamarca sobre o dereito de usar o símbolo das tres coroas como escudo de armas. A este pequeno núcleo sumóuselle o grande achado de moedas medievais da parroquia de Tystberga, en Södermanland ocorrido en 1599.[4]

En 1630, o rei Gustavo II Adolfo (1611-1632) incrementou a colección real con moedas de maior antigüidade. Durante a Guerra dos Trinta Anos, os suecos tomaron como botín numerosas moedas e medallas, moitas das cales, cara a 1650, chegaron ás mans da raíña Cristina (1632-1654) como agasallo do seu curmán Carlos Gustavo e, finalmente, acabaron sumándose aos fondos da colección. Porén, na súa abdicación en 1654, a raíña levou con ela moitas destas pezas cara ao estranxeiro, aínda que un bo número de moedas imperiais romanas e os emitidas polos emperadores bizantinos permaneceron na colección real.[5] Carlos XI (1660-1697) tamén intercambiou e adquiriu posteriormente a un comerciante de Ámsterdam algunhas das pezas levadas por Cristina, que puideron así ser reintegradas á colección.[4]

Durante a década de 1690 a colección comezou a ser organizada por parte de Johan Gabriel Sparfwenfeldt. Este contou como asesores con Elias Brenner e Nils Keder, que en 1692 traballaban no Arquivo de Antigüidades. Este labor de organización parece que se interrompeu coa morte de Carlos XI en 1697. Ese mesmo ano houbo un incendio no castelo real e a colección foi protexida na illa Helgeandsholmen. A partir de aí mantívose custodiada polas autoridades de facenda e non volveu a ver a luz ata 1727.

1727-1974

En 1727 a colección fusionouse cos fondos que o Arquivo de Antigüidades adquirira e con outros que se integraron nel procedentes de achados monetarios, e foi entón cando comezou a utilizarse formalmente a denominación de Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntkabinettet), e pasou a estar baixo a administración do Consello Nacional de Patrimonio de Suecia.[5]

Ao longo de todo o século XVIII os fondos do Gabinete foron medrando progresivamente, coa adquisición de varias coleccións privadas, entre elas a de moeda romana do conde Jacob Cronstedts, comprada en 1731 por 48.000 daler de cobre. Outra gran adquisición foi a da colección de moeda sueca de Magnus von Bromell en 1734, aínda que non foi transferida ao Gabinete ata 1744.[4]

En 1746, a princesa herdeira Luísa Ulrica comprou a título particular a gran colección de moedas e medallas antigas e modernas de Carl Gustaf Tessins, por 135.370 daler de cobre, e en 1762, sendo xa raíña, viuse na obriga de entregarlle ao Estado todas as súas coleccións privadas en compensación coas importantes débedas que mantiña cos seus acredores. Isto levou a que tales coleccións acabasen finalmente ampliando os fondos do Gabinete Real de Moedas.[4]

En 1769, as coleccións transferíronse ao Palacio Real de Estocolmo, de nova construción.[4]

En 1786 fundouse a Academia Real de Letras, Historia e Antigüidades, que pasou a encargarse da xestión da colección numismática, e entre 1793 e 1816 esta responsabilidade pasou ao Museo Gustavo III de Antigüidades, no Palacio Real.[4] Foi nesta época cando se comezou a utilizar o termo Garde des médailles, ao estilo dos gabinetes de antigüidades franceses, aplicado á persoa ou á institución que se responsabilizaba da colección.[6]

A partir de 1816, o Gabinete Real de Moedas pasou novamente a depender directamente da Academia Real de Letras, Historia e Antigüidades, e así permaneceu ata 1975.[4]

Os anos 1844 e 1845 o Myntkabinettet trasladouse desde o Palacio Real de Estocolmo ata a casa Ridderstolpska en Skeppsbron, onde se inaugurou unha exposición aberta ao público.[4]

A segunda metade do século XIX supuxo unha nova época de ampliación dos fondos do Gabinete. En 1857 adquiriuse a colección de moeda celtibérica do diplomático Gustaf Daniel Lorich, e en 1863 Charlotte von Platen doou ao Gabinete a súa gran colección de moeda sueca.[4]

En 1865 produciuse o traslado do Gabinete Real de Moedas ao novo edificio do Museo Nacional, e entre 1938 e 1948 ambas as institucións mudáronse a unhas novas instalacións no céntrico barrio de Östermalm, no cruzamento entre as rúas Narvavägen e Storgatan, onde se organizaron novas exposicións. En 1959 inaugurouse unha nova sala para dedicada ás moedas das posesións suecas e en 1970 abriuse unha nova exposición permanente sobre as moedas do mundo.[4]

En 1974, o Museo do banco sueco Handelsbanken incorporouse ao Gabinete Real de Moedas de Estocolmo.[4]

Despois de 1975

En 1975, o Gabinete Real de Moedas converteuse nunha institución museística independente dentro da Administración do Patrimonio do Estado de Suecia e da estrutura de Museos Históricos do Estado, polo que deixou de estar subordinado á Academia Sueca.[4]

En 1985 iniciouse unha colaboración coas caixas de aforro de Suecia para constituír conxuntamente un museo de historia económica. En 1996 o Kungliga Myntkabinettet trasladouse a unhas novas instalacións en Slottsbacken, nunha das rúas laterais co Palacio Real, cuxa exposición permanente foi inaugurada o 11 de xuño de 1997 polo rei Carlos XVI Gustavo.[4]

En 2007 o Gabinete Real de Moedas asumiu formalmente a colección histórica do Banco de Suecia (Riksbank). Esta institución bancaria fora formando o seu propio gabinete de moedas a partir de 1756, comezando coa adquisición da colección numismática do barón Gustaf Claesson, e fora evolucionando paralelamente á colección do Gabinete Real.[5] No entanto, xa a partir de 1940 unha parte dos fondos do Riksbank fora depositada no Gabinete Real de Moedas e mesmo formaba parte da súa colección permanente. A entrega formal ao Kungliga Myntkabinettet dos 20.000 obxectos da colección do Riksbank produciuse o 1 de xullo de 2007.[7]

Entre 2018 e 2020 o Gabinete Real de Moedas foise trasladando progresivamente ás instalacións actuais na rúa Narvavägen, que comparte co Museo Histórico de Estocolmo. Este último ano, o Gabinete adoptou oficialmente a nova denominación de Ekonomiska museet – Kungliga myntkabinettet ("Museo Económico - Gabinete Real de Moedas").[4][8]

Galería

Notas

  1. "Svenska museibesök i topp". Sveriges Museer.
  2. "Museerna som ingår myndigheten". Statens Historiska Museer.
  3. "Our collection". Ekonomiska museet. Kungliga Myntkabinettet.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 "History of the Museum". Ekonomiska museet. Kungliga Myntkabinettet.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Myntkabinett". En Nordisk familjebok. 1913. 2ª ed. Páxinas 61-62.
  6. "Garde des médailles". En Nordisk familjebok. 1908. Páxina 740.
  7. "Riksbankens historiska samling överlåts till Kungliga Myntkabinettet". Sveriges Riksbank.
  8. Mohr, J. (2020). "Ekonomiska museet vill nå ut bredare". En Folkbladet. 6 de outubro.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Amsal 20Kitab Amsal lengkap pada Kodeks Leningrad, dibuat tahun 1008.KitabKitab AmsalKategoriKetuvimBagian Alkitab KristenPerjanjian LamaUrutan dalamKitab Kristen20← pasal 19 pasal 21 → Amsal 20 (disingkat Ams 20) adalah pasal kedua puluh Kitab Amsal dalam Alkitab Ibrani dan Perjanjian Lama di Alkitab Kristen.[1] Pasal ini berisi amsal-amsal raja Salomo bin Daud.[2][3] Teks Naskah sumber utama: Masoretik, Septuaginta dan Naskah Laut Mati. Pasal ini dibagi a...

 

Voce principale: UEFA Champions League 2022-2023. UEFA Champions League 2022-2023 - Fase a gironiUEFA Champions League 2022-2023 - Group stage Competizione UEFA Champions League Sport Calcio Edizione Organizzatore UEFA Date dal 6 settembre 2022al 2 novembre 2022 Partecipanti 32 Statistiche Incontri disputati 96 Gol segnati 304 (3,17 per incontro) Pubblico 4 465 194 (46 512 per incontro) Cronologia della competizione UCL 2021-2022 GS UCL 2023-2024 GS Manuale La fas...

 

مصريونمصريين (بالعربية) التعداد الكليالتعداد 104.2 مليون (2017)[1]مناطق الوجود المميزةالبلد  القائمة ... مصرالسعوديةليبياالولايات المتحدةالأردنالكويتالمملكة المتحدةالإمارات العربية المتحدةكنداإيطالياأسترالياالعراقاليونانألمانياهولندافرنساالنمساسويسراإسبانياإس...

Resort and waterpark This article is about the resort hotel and indoor water park. For the adjacent theme park and outdoor water park, see Six Flags Great Escape and Hurricane Harbor. Six Flags Great Escape Lodge & Indoor WaterparkGeneral informationLocationQueensbury, New YorkAddress89 Six Flags Dr, Queensbury, New YorkCoordinates43°21′07″N 73°41′48″W / 43.35194°N 73.69667°W / 43.35194; -73.69667Opened2006OwnerSix FlagsWebsitewww.sixflagsgreatescapelod...

 

2020年夏季奥林匹克运动会波兰代表團波兰国旗IOC編碼POLNOC波蘭奧林匹克委員會網站olimpijski.pl(英文)(波兰文)2020年夏季奥林匹克运动会(東京)2021年7月23日至8月8日(受2019冠状病毒病疫情影响推迟,但仍保留原定名称)運動員206參賽項目24个大项旗手开幕式:帕维尔·科热尼奥夫斯基(游泳)和马娅·沃什乔夫斯卡(自行车)[1]闭幕式:卡罗利娜·纳亚(皮划艇)&#...

 

1922 Brazilian presidential election← 19191926 → Presidential election 1 March 1922   Candidate Arthur Bernardes Nilo Peçanha Party PRM Republican Reaction Popular vote 466,877 317,714 Percentage 56.03% 38.13% President before election Epitacio Pessoa PRM Elected President Arthur Bernardes PRM Vice-presidential election 22 August 1922   Candidate Estácio Coimbra José Joaquim Seabra Party PRM Republican Reaction Popular vote 295,787 790 Vice Preside...

American college football season 1889 Princeton Tigers footballNational championConferenceIndependentRecord10–0Head coachNoneCaptainEdgar Allan PoeSeasons← 18881890 → 1889 Eastern college football independents records vte Conf Overall Team W   L   T W   L   T Princeton   –   10 – 0 – 0 Massachusetts   –   2 – 0 – 0 Yale   –   15 – 1 – 0 Harvard   – &#...

 

Overview of nuclear power in Germany This article may be in need of reorganization to comply with Wikipedia's layout guidelines. Please help by editing the article to make improvements to the overall structure. (December 2023) (Learn how and when to remove this message) The Grafenrheinfeld Nuclear Power Plant in Germany, which was shut down in 2015 Nuclear power was used in Germany from the 1960s until it was phased out in April 2023. German nuclear power began with research reactors in the 1...

 

For novels titled Harlequin, see Harlequin (disambiguation) § Novels. This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help improve this article by introducing more precise citations. (June 2020) (Learn how and when to remove this message) The Harlequin AuthorLaurell K. HamiltonCover artistCraig WhiteCountryUnited StatesLanguageEnglishSeriesAnita Blake: Vampire HunterGenreHorror,...

Cet article est une ébauche concernant un film américain. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les conventions filmographiques. Young Adult Données clés Titre québécois Jeune adulte Titre original Young Adult Réalisation Jason Reitman Scénario Diablo Cody Acteurs principaux Charlize TheronPatrick WilsonElizabeth ReaserPatton Oswalt Sociétés de production Paramount Pictures Pays de production États-Unis Genre Comédie dramatique Durée 94...

 

United States historic placeReilly Brothers and Raub BuildingU.S. National Register of Historic Places Reilly Brothers and Raub Building, April 2010Show map of PennsylvaniaShow map of the United StatesLocation44–46 N. Queen St. and 45 N. Market St., Lancaster, Pennsylvania, 17603-3817 (apartments), 17603-3852 (STE 1002 & 1005) 17603-3818 (suites 1003, 1004, and 1006), and 17603-3814 (remainder of building, including STE 1007)Coordinates40°2′20″N 76°18′21″W / 40...

 

Consonantal sounds represented by ⟨tʼ⟩ in IPA This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Dental and alveolar ejective stops – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) (Learn how and when to remove this message) Alveolar ejective stoptʼAudio sample source · helpEnc...

此生者传记条目需要补充更多可供查證的来源。 (2020年12月1日)请协助補充可靠来源,无法查证的在世人物内容将被立即移除。 鄭嘉嘉女歌手罗马拼音Zheng Ka-Ka英文名Wendyz Zheng昵称嘉嘉、靚聲和音、Wendyz仔国籍 加拿大出生7月6日 英屬香港职业歌手、創作人语言粵語、英語、國語宗教信仰基督教配偶Franky Chung(2015年结婚)音乐类型流行曲演奏乐器鋼琴、鍵盤、銀笛活跃...

 

Spanish variety of Equatorial Guinea Equatoguinean SpanishEspañol ecuatoguineanoPronunciation[espaˈɲol ekwatoɣineˈano]Native speakersUnknown. 1.1 million total speakers. (2010)[1]Language familyIndo-European ItalicLatino-FaliscanLatinRomanceItalo-WesternWestern RomanceGallo-IberianIbero-RomanceWest IberianCastilianSpanishEquatoguinean SpanishEarly formsOld Latin Vulgar Latin Proto-Romance Old Spanish Early Modern Spanish Writing systemLatin (Spanish alphabet)Official...

 

Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne s'appuie pas, ou pas assez, sur des sources secondaires ou tertiaires (décembre 2017). Pour améliorer la vérifiabilité de l'article ainsi que son intérêt encyclopédique, il est nécessaire, quand des sources primaires sont citées, de les associer à des analyses faites par des sources secondaires. Conseil national des villes et villages fleurisHistoireFondation 24 avril 1972 (Comité nation...

Bündnis 90/Die Grünen Partei­vorsitzende Ricarda LangOmid Nouripour General­sekretärin Emily May BüningPolitische Bundesgeschäftsführerin Stell­vertretende Vorsitzende Pegah Edalatian-SchahriariHeiko Knopf Bundes­geschäfts­führer Ferenc FöldesiOrganisatorischer Bundesgeschäftsführer Bundes­schatz­meister Frederic Carpenter Gründung 13. Januar 1980(Die Grünen)21. September 1991(Bündnis 90)14. Mai 1993(Vereinigung) Gründungs­ort Karlsruhe ...

 

Legal system originating in Western Europe This article is about the legal system originating in France and Italy. For non-criminal law under the common law legal system originating in England, see Civil law (common law). For other uses, see Civil law (disambiguation). Legal systems of the world.[1] Civil law-based systems are in blue. Part of a series onLaw Foundations and Philosophy Definition Philosophy History Legal theory Jurisprudence Judicial interpretation Positive law Law and...

 

أنطيوخوس العاشر (بالإغريقية: Ἀντίοχος Εὐσεβής Φιλοπάτωρ)‏    معلومات شخصية تاريخ الميلاد القرن 2 ق.م  تاريخ الوفاة سنة 88 ق م   مواطنة سلوقيون  الزوجة كليوباترا سيليني الأولي  الأولاد أنطيوخوس الثالث عشر  الأب أنطيوخوس التاسع[1]  الأم كليوباترا الرا...

Pomodoro grinzoso sanminiatesePomodoro grinzoso di San MiniatoOriginiLuogo d'origine Italia RegioneToscana Zona di produzioneSan Miniato DettagliCategoriaortofrutticolo RiconoscimentoP.A.T. SettoreProdotti vegetali allo stato naturale o trasformati Il pomodoro grinzoso sanminiatese[1] o pomodoro di San Miniato è un pomodoro da sugo e da condimento, che viene usato, prima di giungere a maturazione completa, anche nelle insalate [2]. Indice 1 Storia [3] 2 Descrizione sinte...

 

Geographical region of Europe Map of the North Sea Area The North Sea Region (NSR) of Europe refers to European countries and regions that have access to the North Sea. Cultural and economic co-operation has a strong tradition in the area, dating back to the Vikings[1] and the Hanseatic League.[2] Although not a formally established entity, in political terms the North Sea Region is consolidated through international organisations like the North Sea Commission and transnationa...