En 2018 o Sofán presentou un equipo integrado por persoas con discapacidade intelectual. O equipo, integrado por 19 persoas de entre 20 e 50 usuarias de Aspaber, presentouse no campo de fútbol do Carral cun partido amigable fronte ao equipo do Deportivo da Coruña. O proxecto naceu como vía de integración de persoas discapacitadas a través do deporte e chegar a xogar en LaLiga Genuine Santander.[1]
En 2019 a Sociedade Deportiva Sofán e o Bergantiños Fútbol Club asinaron un convenio polo cal o Sofán pasaba a converterse no filial do Bergantiños, de xeito que ambos os equipos puidesen intercambiar xogadores, especialmente do primeiro equipo.[2] O convenio ademais afectaba ás categorías inferiores, realizando un traballo colaborativo co obxectivo de realizar un seguimento máis efectivo dos xogadores.[3] Se ben inicialmente o convenio tiña unha duración dun ano, en 2020 ambas as entidades decidiron renovalo tras valoralo de xeito positivo.[4][5]
O 27 de xuño de 2021 acadou un histórico ascenso á Terceira División RFEF, logo de superar no último partido da segunda fase por 2-0 ao CD Boiro, que tamén aspiraba ao ascenso.[6]