Foi fundado en 1940 e catro anos despois conseguiu o ascenso á Primeira División da liga das Mariñas.[1] Na tempada 1977/78, con Paco Lodeiro como adestrador, obtivo o seu primeiro ascenso á Primeira Rexional. En 1981 proclamouse por primeira vez campión da Copa da Coruña, tras vencer na final ao Español SD, e dous anos despois gañou a renacida Copa Galicia.[1]
En 2014 logrou o ascenso a Preferente, e aínda que volveu descender ao ano seguinte, regresou en 2017, conseguindo desta vez asentarse na categoría. Na tempada 2023/24 viviu a súa campaña máis gloriosa, coa conquista de tres títulos: Copa da Coruña, Copa Deputación e a primeira edición da Supercopa de Galicia (derrotando na final desta última ao Cultural Areas).[1][2]