O Cidade de Ribeira Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2020 no concello barbanzán de Ribeira despois da fusión do Atlético de Riveira e o Sálvora CF. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Disputan os seus encontros coma locais no Estadio Municipal da Fieiteira de herba natural, antigo campo do Atlético de Riveira.
Historia
Tras a devandita fusión entre os conxuntos ribeirenses, o Cidade de Ribeira comezou a competir na Primeira Galicia tomando a praza do Atlético de Riveira, o cal militaba nunha categoría máis alta có Sálvora CF que xogaba na Segunda Galicia. Na tempada 2021/22 o equipo acadou a clasificación á segunda fase da Primeira Galicia -reestruturada por mor da pandemia de Covid-19- xunto co Unión de Asados, rematando na 4ª posición do grupo 3.
Na tempada 2022/23, baixo o liderado de Manu Pena, proclamouse campión do Grupo 2 con nove puntos sobre o seu perseguidor, a SD Negreira. A maioría dos xogadores do club eran de orixe barbanzá, o que amosou que a fusión ampliou a base da canteira.[1][2] O ascenso á Preferente Galicia supuxo o primeiro gran logro da nova entidade.[3]
Historial na liga
Notas