O Estadio Municipal da Fieiteira é unha instalación polideportiva situada na parroquia de Carreira, destinada principalmente á práctica de fútbol e atletismo, nel xoga os seus partidos como local o Cidade de Ribeira CF e o seu propietario é o Concello de Ribeira.
Conta cun terreo de xogo de herba natural arredor do cal existe unha pista de 6 rúas, gaiola de lanzamentos, zona de saltos (pértega e altura) e 3 fosos (1 de lanzamento de peso e 2 de salto de lonxitude). Conta ademais con bancadas cubertas.
Historia
Foi inaugurado en 1975 como campo de fútbol cun partido amigábel entre o conxunto local Atlético de Riveira e o Real Club Celta de Vigo e que rematou con vitoria visitante por 0-3[1]. A finais de 2001 sería cando se lle engadirían as pistas de atletismo[2].
No 2020 despois da fusión do Atlético de Riveira e o Sálvora CF pasaría a ser o campo do Cidade de Ribeira CF.[3]
Notas
- ↑ "Así es... o no...: Mi primera vez (XXXVII), por Antonio Lijó". Consultado o 2016-04-19.
- ↑ "El complejo de A Fieiteira contará con otra piscina cubierta y pistas de tenis". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2016. Consultado o 2016-04-19.
- ↑ "O Atlético Ribeira aproba o cambio de nome e agarda o visto e prace da federación galega". La Voz de Galicia. 3 de xullo 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas