A Sociedade Deportiva Negreira é un club de fútbol galego de Negreira, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1965 e compite no grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Historia
A principios da década de 1980, durante a presidencia de Gumersindo Rodríguez-Trelles e con José Manuel Rodríguez "Rodri" como adestrador, logrou ascender da Liga da Costa a Primeira Rexional. Nos anos 1990 continuou ascendendo. Debutou na Terceira división española a tempada 2001-02 e chegou a xogar na Segunda división B española a tempada 2005-06. É o 279º na Clasificación Histórica de Segunda división B.[2]
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
O estadio do Negreira é o Xesús García Calvo, antes xogaba no campo de Cepelo na parroquia de Logrosa, con capacidade para 2.000 espectadores.
Datos do club
Historial na liga
Palmarés
Notas