Sofán, Carballo

Sofán
Capela de Santo Adrián da Piña.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′00″N 8°37′05″O / 43.20000134, -8.6181884
Área23 km²
Poboación1.437 hab. (2019)
Densidade62,48 hab./km²
Entidades de poboación62[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Sofán é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.437 habitantes (718 homes e 719 mulleres), distribuídos en 61 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.860 habitantes.

Historia

O 16 de febreiro de 1919 catro labregas foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil, cando ian na comitiva fúnebre que pretendía soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades municipais. Son coñecidas como as Mártires de Sofán.

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Salvador de Sofán é de principios do século XVIII e reformada no XIX. Diante do templo atópase un cruceiro que data de 1660.

Na capela de Santo Adrián da Piña celébrase unha romaría tradicional.

Asociacións

En Sofán hai varias asociacións de eido cultural, social ou deportivo. A Sociedade Deportiva de Sofán é un club de fútbol, cun equipo de veteranos e outro sénior que xoga na Liga Preferente Norte. O Club de Caza e Tiro encárgase da xestión cinexética nos territorios de Sofán e Aldemunde. A Asociación de Mulleres Rurais naceu en 1991. En 1998 creouse a Asociación Democrática de Pensionistas. A asociación Motos Clásicas creouse en 2005, e en 2007 naceu a Sociedade Deportiva e Cultural A Piña, que conta con equipos de fútbol. Outras asociacións son a ANPA do colexio A Gándara e a Asociación de Veciños, encargada de organizar as festas e outras actividades.

Lugares e parroquias

Lugares de Sofán

Lugares da parroquia de Sofán no concello de Carballo (A Coruña)

Albeiro | Ballota | Bolón | As Bouzas | Braílle | Calvelo de Abaixo | Calvelo de Arriba | Campo de Arriba | Campos de Bolón | As Canelas | A Carracha | Os Carrís | A Casanova | A Charrúa | A Corredoira | O Cotomil | O Cotote | Covas de Abaixo | Covas de Arriba | A Cruz | A Ermida | Evas | O Forno | A Freiriña | O Freixal | A Gándara | Guitoi de Abaixo | Guitoi de Arriba | Guntián | A Lagarteira | Loureiro | As Maroas | Monelos | Monte do Rei | O Monte | O Outeiro | Paradela | A Pedreira | Periscal de Abaixo | Periscal de Arriba | O Pilro | A Piña | A Praza | Prearada | A Rachola | A Ramiscosa | O Reboredo | A Reixía | A Ribeiriña | O Río | O Seixal | Sete | Sinande | Sofandónigo | A Tapia | O Tarambollo | Troián de Abaixo | Troián de Arriba | Troián do Medio | O Vilar | Vioño | O Zarrallo

Parroquias de Carballo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas