San Miguel de Vilela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación era de 193 habitantes, sendo 100 homes e 93 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 249 habitantes (126 mulleres e 123 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 250 habitantes.
Patrimonio
No Monte Vixía atópase unha necrópole formada por dúas mámoas.[2]
En Vilela quedan os restos dun castro que destaca pola súa estrutura.
A igrexa de San Miguel de Vilela é de estilo barroco e constitúe un excelente miradoiro.