Sino[1] é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda (Comarca de Deza). Tiña 31 habitantes no ano 2017 segundo datos do IGE dos cales eran 17 homes e 14 mulleres. Isto supón un descenso no número de habitantes con respecto ao ano 2000. Baixo este nome queda englobado tamén o núcleo de poboación da Aldea de Riba.
Denominación
A orixe deste nome está ligado á proximidade da antiga igrexa de Ponte[2]. Este nome, en galego antigo, ten o significado de sinal ou instrumento co cal se dá un sinal, así como o de campá, ou xa en sentido figurado, o de campanario da igrexa ou a propia igrexa.
Poboación
Evolución da poboación:
Lugares e parroquias
Lugares de Ponte
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas