Carderrei é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2017 tiña 44 habitantes, deles 20 eran homes e 24 eran mulleres[1]. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.
Situación
Casderrei forma parte da parroquia denominada "San Miguel". Nel atopábanse dúas fontes: a Fonte da Nogalla, actualmente desapareceida, e a Fonte de Outeiro, hoxe de propiedade privada. Desta última fonte arranca o rego da Regueira ou do Regueiro.
Os primeiros datos sobre este lugar datan do século XV, onde a Encomenda de Beade realizou foros sobre as propiedades que posuía no chamado "Casal de Rey".
Poboación
Evolución da poboación:
Lugares e parroquias
Lugares de Ponte
Parroquias de Silleda
Véxase tamén
Notas
- ↑ Estes datos de poboación inclúen os habitantes dos lugares de Trasdosisto e O Espiño, xa que a poboación destes lugares non aparece nos rexistros do INE nin do IGE
Bibliografía
- García Tato, Isidoro (2004). Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Santiago de Compostela: Publicacións da Universidade de Santiago.