Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Fiestras.
San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.
Historia
A antigüidade da parroquia indícasenos polo seu patrón, San Martiño, e polos nomes de lugares como Recimil ou Aragonza, este último relacionado con Aragonta, raíña de Galicia e da familia dos Condes de Deza no século X. A igrexa de San Martiño de Fiestras data cara ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente, Casa do Convento, tamén coñecida como Casa do Arco, no lugar de Maril.
Da parroquia de Fiestras é o recoñecido pintor José Antonio Fondevila.
Poboación
Evolución na década 2001-2009 da poboación de Fiestras:
Lugares e parroquias
Lugares de Fiestras
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas