San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.
Historia e patrimonio
Os primeiros vestixios de poboamentos en Moalde atópanse no lugar de Eirexe, onde hai un castro con máis de dous mil anos. A igrexa de San Mamede de Moalde, edificada en 1829, ten fachada neoclásica e unha torre-campanario de máis de vinte metros de altura, das máis altas da comarca. Nas proximidades desta, atópanse un cruceiro do século XVII e a capela de San Xosé.
Destaca tamén o Monte San Sebastián, cunha ermida dedicada a este santo e desde onde se ten unha gran panorámica do val de Trasdeza, podendo verse o Pico Sacro e o monte Faro.Recibe tamén o nome de Miradoiro da Rocha.
Nesta parroquia naceu o sindicalista Adrián Troitiño.
Galería de imaxes
-
Teleclub de Moalde.
-
Cruceiro de Moalde.
-
Capela en Moalde.
Lugares e parroquias
Lugares de Moalde
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas