San Martiño de Rellas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 63 habitantes (35 homes e 32 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.
Historia e patrimonio
Na historia desta parroquia destaca a figura de Beltrán Legerén, de orixe francesa, responsable de numerosos cambios en Rellas a partir de 1820. Encargouse de mellorar as formas de traballo, construíu unha fabrica de curtidos, outra de papel e varios muíños industriais, promovendo ademais a construción dunha nova igrexa. Como recordo desta época queda a Casa da Fábrica.
A carón do río Toxa, que baña a parroquia, construíuse en 1810 o Muíño de Covián, o maior da comarca do Deza, pois tiña catro moas, converténdoo nun dos muíños de maquía máis importantes do Trasdeza. Foi rehabilitado no 2008, acondicionando á súa vez unha área de lecer ao carón del.
Nesta parroquia naceron Manuel García Cerviño, alcalde de Silleda entre 1936 e 1937 e entre 1940 e 1957, e Javier Cuíña, líder da Candidatura Independente por Silleda.
Lugares e parroquias
Lugares de Rellas
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas