Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria.[1]
Traxectoria
Fillo do latinista Abelardo Moralejo Laso (e polo tanto irmán dos filólogos Juan José e José Luis), estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.
Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas