O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.
Actividades
O Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.
Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).
En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.
Edición 2011
En 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.[1]
Retro Auto&Moto Galicia
Dende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela.[2]
Motor Ocasión
En datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase o Motor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.
Galería de imaxes
Citroën eléctrico, en 2012.
Novidoso triciclo eléctrico Peugeot, no mesmo ano.