Senra Sport é unha escudaría deportiva galega fundada a finais dos anos 80 por Manuel Senra en Olveira, Dumbría.
É a escudaría máis laureada do Campionato de Galicia de Rally, con nove títulos de equipo.[1] Entre 1990 e 1995 organizou o Rally Mil Vistas, que era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally e dende 2019 organiza a Subida a Dumbría, do Campionato de Galicia de Montaña.[2]
Historia
A escudaría naceu ligada ao pequeno taller que montou Manolo Senra en 1987 en Olveira, no concello de Dumbría, e que máis tarde foi crecendo ata converterse nun concesionario oficial de Peugeot.[3] En 1989 logrou o primeiro título por equipos do Campionato de Galicia de Rally, superando á Escudería Berberecho de Noia,[4] e revalidou o título os tres seguintes anos.[1] En 1990 Senra Sport fíxose cos dereitos de organización do Rally da Coruña, cedidos pola Escudería Centollo, e organizou ese ano o 18º Rally da Coruña, pero localizado nos concellos de Muros, Carnota, Dumbría, Vimianzo e Mazaricos.[5] Celebráronse outras catro edicións do rally ata 1994, xa co nome de Rally Mil Vistas, referido ás vistas das paisaxes da contorna.
En 1993, o fundador e principal piloto de Senra Sport, Manuel Senra, gañou con esta escudaría o Campionato de Galicia de Rally de Terra, título que volveu gañar ao ano seguinte. En 1997 fixo o mesmo co Campionato de Galicia de Montaña. Tanto en 1999 como en 2000 Senra Sport gañou o título por equipos do Campionato de Galicia de Rally e o subcampionato de pilotos con Manuel Senra. Na tempada 2001 gañou tanto o título de pilotos como o de equipos, dobre éxito que repetiu en 2004 e 2005. Manuel Senra gañou logo tamén os títulos de montaña de 2014, 2015, 2017 e 2019.[6]
En 2019 a escudaría comezou a organizar a Subida a Dumbría, puntuable para o galego de montaña.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Federación | |
---|
Rally | Competicións | |
---|
Rallys | |
---|
Pilotos | |
---|
Copilotos | |
---|
Escudarías | |
---|
|
---|
Montaña | Competicións | |
---|
Subidas | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Karting | Competicións | |
---|
Circuítos | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Autocross | Competicións | |
---|
Circuítos | José Ramón Losada — Autocross Vilaño-Laracha — Autocross Santa Comba — Autocross Xacobeo — Autocross Cerceda — Autocross O Castro |
---|
|
---|
Outros | Competicións | |
---|
Salóns | |
---|
Factorías | |
---|
Personalidades da empresa | |
---|
|
---|