Alberto González Fernández, alcumado Camba, nado en Pontevedra, é un ex piloto de automobilismo galego. Especialista en carreiras de montaña, é o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Montaña, con sete títulos (cinco consecutivos entre 1978 e 1982 e dous máis en 1985 e 1986) e dous subcampionatos. Logrou 77 vitorias absolutas e disputou tamén probas de rally, proclamándose en 1977 e 1978 subcampión de Galicia de Automobilismo.
Traxectoria
Recibiu o alcume de "Camba" por ser o segundo apelido de seu pai, que era dono dunha autoescola e tiña competido en automobilismo e motociclismo.[1] Debutou no Rally Rías Baixas de 1972, a bordo dun Seat 1430 e competiu posteriormente cun Seat 600 cun motor de 1800.[2] Comezou a correr logo con fórmulas, primeiro cun Hispakart 1430, co que logrou a súa primeira vitoria na Subida ao Veral de 1976 e logo cun Selex Fórmula 1800, co que gañou o seu primeiro Campionato de Galicia de Montaña en 1978.[3] Ese ano gañou ademais o Rally de San Telmo, en Tui, cun Alpine A110 1800 e rematou segundo no Campionato Galego de Automobilismo, só por detrás de Pío Alonso.[4][5] Revalidou o título de montaña os catro seguintes anos cun Selex 2000.[6][7][8][9]
Entre as súas vitorias destacan entre outras as cinco que conseguiu na Subida a Almofrei, tres na Subida á Falperra e tres no Campionato de Velocidade Cidade da Coruña.
Na Subida a Carballo de 1987 logrou a súa última vitoria, a número 77 da súa carreira.[10] En agosto dese ano disputou a súa última carreira, na Subida a Almofrei, puntuable para o Campionato de España, onde rematou en quinta posición.[11] Tras esa carreira retirouse da competición, dedicándose a dirixir a autoescola que fundara seu pai.[2]
Notas
- ↑ "Entrevista a Alberto Gonzalez Camba". www.ivoox.com (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "El rey de la montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2001. p. 8.
- ↑ "Domingo, Subida a Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1979. p. 47.
- ↑ Estévez, A. (12 de abril de 1978). "Camba, el más tuerca". El Pueblo Gallego (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "Pío Alonso, campeón gallego de 1978". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 1979. p. 38.
- ↑ "Carlos Piñeiro, vencedor en Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 1980. p. 37.
- ↑ "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26.
- ↑ "Camba conquistó el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1981. p. 52.
- ↑ "Camba superó al campeón asturiano por 48 centésimas". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1982. p. 54.
- ↑ Ferreiro, José M. (26 de agosto de 1987). "González Camba logró en la «IV Subida a Carballo» su 77 victoria individual". La Voz de Galicia (en castelán). p. 26.
- ↑ "Egozkue, campeón de España de montaña al vencer en Almofrey". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 1987.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Federación | |
---|
Rally | Competicións | |
---|
Rallys | |
---|
Pilotos | |
---|
Copilotos | |
---|
Escudarías | |
---|
|
---|
Montaña | Competicións | |
---|
Subidas | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Karting | Competicións | |
---|
Circuítos | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Autocross | Competicións | |
---|
Circuítos | José Ramón Losada — Autocross Vilaño-Laracha — Autocross Santa Comba — Autocross Xacobeo — Autocross Cerceda — Autocross O Castro |
---|
|
---|
Outros | Competicións | |
---|
Salóns | |
---|
Factorías | |
---|
Personalidades da empresa | |
---|
|
---|