A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na Ribeira Sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de España de Montaña e anteriormente tamén o fixo para o Campionato de Galicia de Montaña e para o Campionato de Europa de Montaña.
Percorrido
O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5 %. É un circuíto rodeado de viñedos que remata preto da vila de Chantada.
A saída sitúase sobre unha ponte sobre o río Miño entre as parroquias de Belesar e Diomondi (O Saviñao). Transcorre por dúas zonas ben diferenciadas, un primeiro tramo da estrada LU-617 estreita e lenta, que combina diferentes tipos curvas e na famosa curva dos cipreses enlaza coa estrada LU-533. Esta segunda parte é un trazado moito máis rápido, no que se alcanzan maiores velocidades.
Programa
A proba realízase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é ás 15.30.
O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrouse no novo Auditorio de Chantada.
Récord da proba
En 1998 o piloto Andrés Vilariño cun Osella PA-20 acadou un tempo de 1'46'074.
Edición 2015
A edición do 2015 celebrouse os días 18 e 19 de xullo. Este ano tamén foi puntuable para a Copa Stark Box, que se corre sobre os Seat Marbella. Os resultados [1] dos 3 primeiros clasificados son:
Edición 2014
A edición do 2014 celebrouse os días 19 e 20 de xullo. Os resultados [2] dos 3 primeiros clasificados son:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Federación | |
---|
Rally | Competicións | |
---|
Rallys | |
---|
Pilotos | |
---|
Copilotos | |
---|
Escudarías | |
---|
|
---|
Montaña | Competicións | |
---|
Subidas | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Karting | Competicións | |
---|
Circuítos | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Autocross | Competicións | |
---|
Circuítos | José Ramón Losada — Autocross Vilaño-Laracha — Autocross Santa Comba — Autocross Xacobeo — Autocross Cerceda — Autocross O Castro |
---|
|
---|
Outros | Competicións | |
---|
Salóns | |
---|
Factorías | |
---|
Personalidades da empresa | |
---|
|
---|