Rubén González Rocha

Modelo:BiografíaRubén González Rocha
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1982 (42 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,87 m.
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Número deportivo5 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2006   Real Madrid Castilla 87(4)
2002–2006   Real Madrid CF 4(0)
2004–2004 cesión Borussia Mönchengladbach 3(0)
2004–2005 cesión   Albacete Balompié 22(0)
2006–2007   Racing de Santander 34(2)
2007–2009   Celta de Vigo 70(1)
2009–2011   RCD Mallorca 31(3)
2011–2013   CA Osasuna 26(0)
2013–2014 Bakı Futbol Klubu 23(0)
2014–2016   Real Zaragoza
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   España sub-17 3(0)
1999–1999   España sub-16 6(0)
2000–2001   España sub-18 10(0)
2001–2001   España sub-20 1(0)
2002–2003   España sub-21 8(0)

FIFA: 175418 Editar o valor en Wikidata

Rubén González Rocha, nado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1982, é un ex futbolista galego, que xogaba de defensa.

Traxectoria

Durante a súa infancia enrolouse nun histórico club santiagués, o Club Deportivo Conxo, e de aí pasou ás categorías inferiores do primeiro equipo da cidade, a SD Compostela, aínda que non por moito tempo, pois en 1998 os observadores do Real Madrid fixáronse nel e incorporárono ao club madrileño. Isto causou o enfado do presidente do Compostela, José María Caneda, que como represalia expulsou o irmán de Rubén, Chechu, que xogaba no equipo xuvenil do club compostelán.[1][2]

Disputou 61 partidos co Real Madrid Castilla, todos como titular, e acadou o primeiro posto do Grupo III da Segunda División B na tempada 2001/02, aínda que sen conseguir o ascenso. O 10 de maio de 2002 debutou co primeiro equipo do Real Madrid da man de Vicente del Bosque, na derradeira xornada de liga. Foi na súa Galicia natal, contra o Deportivo da Coruña en Riazor, onde formou como titular na defensa xunto a Míchel Salgado, Pavón e Roberto Carlos, perdendo por 3-0.[3]

Na tempada 2002/03 compaxinou o filial co primeiro equipo, co que disputou seis partidos, e para a tempada 2003/04 foi subido definitivamente ao primeiro equipo. Con todo, apenas contou coa confianza de Carlos Queiroz e no mercado invernal saíu cedido ao Borussia Mönchengladbach alemán.

O 14 de febreiro de 2004 debutou co Borussia nun partido ante o Stuttgart, converténdose no primeiro futbolista galego en xogar na Bundesliga.[4] Con todo, unha lesión de ombreiro pouco despois de chegar impediulle superar os tres partidos co equipo alemán.[5]

Na tempada seguinte foi cedido ao Albacete Balompié, onde foi titular durante a primeira parte da campaña co técnico José González, ata que perdeu a titularidade tras un cambio de adestrador.[6] En agosto de 2008 foi traspasado ao Racing de Santander, onde xogou unha tempada ata recalar no verán de 2007 no Celta de Vigo. Tras dous anos co equipo celeste en segunda división, nos que xogou 70 partidos de liga, fichou en 2009 por dúas tempadas polo RCD Mallorca.

Logo pasou dous anos en Osasuna e na tempada 2013/14 xogou no FK Baku, na capital de Azerbaidján, ata que en agosto de 2014 volveu a España, pasando a xogar no Real Zaragoza.[7] En setembro de 2016 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Delhi Dynamos FC, da Superliga da India, adestrado polo italiano Gianluca Zambrotta.[8] En xaneiro de 2017, despois do final do campionato indio, regresou a Galicia, para xogar no Coruxo, en Segunda División B, onde se retirou do fútbol ao final da tempada.[9]

Selección galega

En 2005 foi un dos futbolistas da recuperada selección galega que xogou contra o Uruguai en San Lázaro, repetindo convocatoria nos tres seguintes partidos.

Notas

  1. "El Compostela B repescará varios jugadores juveniles". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 10 de outubro de 1998. p. 58. 
  2. "El Compos sub 19 se rebela contra el «caso Chechu»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 1998. p. 58. 
  3. San Martín, Pedro Pablo (10 de maio de 2002). "Otro golpe del Depor". As (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  4. "Susto para Rubén en su debut". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2004. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  5. "Rubén deja el Monchengladbach y será operado en sus hombros". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2004. p. 43. 
  6. "Entrevista. Rubén González Rocha". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2005. p. 44. 
  7. "Rubén González" (en castelán). 21 de agosto de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2020. 
  8. "Rubén González ficha por el Delhi Dynamos de Zambrotta y Malouda". Marca (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2020. 
  9. "El Coruxo ficha al excéltico Rubén González". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas