Roland Topor

Modelo:BiografíaRoland Topor
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
10º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
13º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, director teatral, escenógrafo, director de cinema, artista gráfico, artista de banda deseñada, ilustrador, actor de cinema, novelista, actor, dramaturgo, guionista, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
PaiAbram Topor Editar o valor en Wikidata
IrmánsHélène d'Almeida-Topor Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0867718 Allocine: 3921 Allmovie: p114375
BNE: XX1097371 Musicbrainz: f5d6db27-da7c-4bf5-b182-0e61fd56a0cb Discogs: 495993 Find a Grave: 21578 Editar o valor en Wikidata

Roland Topor, nado en París o 7 de xaneiro de 1938 e finado na mesma cidade o 16 de abril de 1997, foi un ilustrador, debuxante, pintor, escritor e cineasta francés. De orixe xudía-polonesa, foi coñecido polo carácter surrealista e voluntario das súas obras, caracterizadas por un marcado humor negro. Pertenceu ao Grupo Pánico, canda a Alejandro Jodorowsky e Fernando Arrabal. A súa obra máis coñecida é Le Locataire chimérique (1964) adaptada ao cinema por Roman Polanski en 1976 co título de Le locataire.

Traxectoria

Fillo do pintor polonés nacionalizado francés Abram Topor (Varsovia, 1903-París, 1992), formado na Academia de Belas Artes de Varsovia, Roland Topor herdou del o talento polo debuxo, a pintura, os retratos e as caricaturas, así como o gusto polo grotesco, de clara raigame xudeopolonesa.

Logo de pasar uns anos en París na rue Corbeau (hoxe rue Jacques-Louvel-Tessier) do 10º distrito, marchou a Savoia coa familia trala ocupación nazi. De volta na cidade, estudou na Escola de Belas Artes, colaborou no periódico Hara-Kiri e desenvolveu o seu humor negro, ácido e cínico canda a unha vertente máis rosa na revista Elle. En 1962 foi un dos creadores do Grupo Pánico canda a Fernando Arrabal, Olivier O. Olivier, Alejandro Jodorowsky e Jacques Sternberg.

En colaboración con René Laloux iniciouse no cine de animación. Logo de varias curtametraxe realizou a longametraxe La Planète sauvage, que en 1973 acadou o premio especial do xurado no Festival de Cannes. Canda a Guénolé Azerthiope fundou o espectáculo-visita guiada Monopolis en 1974 para o Festival de Sigma en Bordeos.

Apareceu como actor secundario en diversos filmes. Destaca a súa faceta de comediante na película de Werner Herzog Nosferatu: Phantom der Nacht, xunto a Isabelle Adjani e Klaus Kinski. En 1988 realizou con Enrique Xhonneux unha adaptación da vida do Marqués de Sade, Marquis, presentada en 1989 co gallo do bicentenario da Revolución francesa. A obra está interpretada por actores con máscaras que representan animais e o pene de Sade, e no seu momento desconcertou a crítica e o público, se ben na actualidade está considerado un filme de culto.

Como autor de teatro realizou Da Vinci tiña razón!, obra que provocou un grande escándalo Bélxica pola súa trama escatolóxica. Outras obras súas son Joko fête son anniversaire, 'L'Ambigu ou L'Hiver sous la table. Canda a Jérôme Savary realizou Les Aventures de Zartan e De Moïse à Mao, e en 1992 levou a cabo a posta en escena, os decorados e o vestiario de Ubu rei no Teatro Nacional de Chaillot, en París.

Faleceu nun hospital logo dun accidente cardiovascular no seu domicilio parisiense.

Bibliografía

Novelas

  • Le Locataire chimérique (1964)
  • La Princesse Angine (1967)
  • Erika (1968)
  • Joko fête son anniversaire (1969; novela e obra de teatro; prix des Deux Magots 1970)
  • Un amour de téléphone (1969; co pseudónimo de Élisabeth Nerval)
  • Pop Rose (1970; co pseudónimo de Maud Morel)
  • Épreuve par neuf (1971; co pseudónimo de Laurent Taupor)
  • Mémoires d'un vieux con (1975)
  • Portrait en pied de Suzanne (1978)
  • Jachère Party (1996)

Relatos e novelas curtas

  • Four roses for Lucienne (1967)
  • Café Panique (1982)
  • La Plus Belle Paire de seins du monde (1986)
  • Taxi Stories (1988)
  • Journal in Time (1989)
  • Les Combles Parisiens (1989)
  • Made in Taïwan, copyright in Mexico (1997)
  • Vaches noires (2011)

Teatro e óperas

  • Les derniers jours de solitude de Robinson Crusoé, 20 ans d'aventures et d'amour (1972)
  • Le Bébé de Monsieur Laurent (1972)
  • De Moïse à Mao, 5000 ans d'aventures (1975)
  • Joko fête son anniversaire (1989; adaptación teatral)
  • Da Vinci tiña razón! (Vinci avait raison; 1989)
  • Fatidik et Opéra (1989)
  • Batailles (1991, con Jean-Michel Ribes)
  • L'Hiver sous la table (1994)
  • L'Ambigu (1996)

Libros de debuxos e gravados

  • Les Masochistes (1960)
  • Topor, Anthologie (1961)
  • Panic (1965)
  • Dessins Panique (1965)
  • Un Monsieur tout esquinté (1972; debuxos de Roland e Nicolas Topor)
  • L'Epikon (1974)
  • Une vie à la gomme (1974)
  • Toporland (1977)
  • Topor (1985; catálogo da Exposición de Múnic)
  • Le Trésor des Dames (1996)
  • Rebonjour (2010; United Dead Artists)