Rogier van der Weyden

Modelo:BiografíaRogier van der Weyden

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Roger de le Pasture Editar o valor en Wikidata
1399 ↔ 1400 Editar o valor en Wikidata
Tournai (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 1464 Editar o valor en Wikidata (64/74 anos)
Bruxelas (Países Baixos borgoñóns) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de St. Michael e St. Gudula (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Italia (1450 (Gregoriano)–1455 (Gregoriano))
Bruxelas (1435 (Gregoriano)–1464 (Gregoriano))
Tournai (1432 (Gregoriano)–1435 (Gregoriano))
Tournai (1427 (Gregoriano)–1432 (Gregoriano))
Ferrara
Nápoles
Xénova
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, iluminador, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura relixiosa, retrato, Natureza morta e Pintura de historia Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura flamenga primitiva Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoRogier van der Weyden (en) Traducir (1999) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRobert Campin Editar o valor en Wikidata
AlumnosHans Memling Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaVan der Weyden family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Rogier, Mahler von Brugg. 216, 216)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Rogier van Brugghe, Schilder., M183)
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1174800 Musicbrainz: 7cd4f85a-1490-4cec-9d7b-7fb5de8b144f Discogs: 2240845 Editar o valor en Wikidata
Descendemento da cruz de Rogier van der Weyden (c. 1435), óleo, 220 x 262 cm Museo do Prado, Madrid.

Rogier van der Weyden (tamén chamado Rogier de la Pasture,[1] tradución francesa exacta do seu nome) nado en Tournai, ca. 1399/1400 e finado en Bruxelas, o 18 de xuño 1464, foi un pintor flamengo que formou parte do movemento dos primitivos flamengos, discípulo de Robert Campin e contemporáneo de Jan van Eyck; el e van Eyck, dende diferentes perspectivas, foron os responsábeis do desenvolvemento da escola flamenga do século XV aínda quen o considera o pintor máis influínte so século XV.[2]

Foi pintor oficial da cidade de Bruxelas e da Casa de Este e a súa obra consistiu, por unha banda, principalmente en retratos de personaxes e mandatarios da corte de Borgoña, e por outra, en pintura relixiosa que en moitos casos foron trípticos e polípticos de grandes dimensións.

Traxectoria

O seu pai, Henry de la Pasture, era forxador de coitelos. Pouco ou case ren é o que se sabe da súa mocidade. O 5 de marzo de 1427 ingresou no obradoiro de Robert Campin e cinco anos despois, o 1 de agosto de 1432, foi nomeado mestre de pintura en Tournai. Pouco tempo despois, Rogier atopábase en Bruxelas, onde casou con Elisabeth Goffaert, filla do zapateiro Jan Goffaert, e coa que tivo dous fillos: Jan, que chegará a ser ourive, e mais Peter, que seguiu o oficio do pai. Houbo un outro Van der Weyden que figura na historia da pintura: Goossen, sobriño de Rogier.

En 1436 ou 1437 foi nomeado pintor oficial da cidade de Bruxelas, época en que pasa a usar a tradución flamenga do seu nome. Traballou para a corte de Filipe o Bo, poderoso duque de Borgoña e gran mecenas, para o cal realizará retratos. Nos primeiros retratos reflíctese a influencia do seu mestre Robert Campin, mais libérase paseniñamente da mesma ao introducir un maior realismo e emotividade na expresión dos personaxes. Apréciase no novo tratamento que adopta o influxo de Jan van Eyck, grazas ao cal aprende a explotar os recursos dun novo medio: a pintura ó óleo. Moi logo se torna o pintor flamengo máis solicitado da época, só por detrás de van Eyck

Arredor de 1450, ano de Xubileu romano, van der Weyden viaxa a Italia, verosimilmente a Roma e a Florencia. Inspírase con Fra Angelico e aprende novas técnicas desenvolvidas polos pintores italianos. Durante esta tempada, traballa para a familia Este e os seus retratos, especialmente o de Francesco d'Este, contribuíron ao xurdimento da pintura ao óleo na Italia dos anos finais do século XV.

Entre 1460 e 1461 foi mestre do pintor italiano Zanetto Bugatto.

Rogier foi un dos primeiros pintores que traballaron sobre tea no norte dos Alpes. Iso influíu en moitos outros pintores do seu tempo, como Dirk Bouts, Hans Memling, Joos van Cleef e Frans Floris. Á idade de 65 anos morreu, o día 18 de xuño de 1464, en Bruxelas.

Estilo

O estilo de van der Weyden distínguese fundamentalmente pola representación de temas marianos e o tratamento de situacións de forte carga dramática. Realizou a súa obra en aceite sobre madeira, en panel único, en dípticos ou polípticos. Nas súas primeiras obras o seu estilo é marcadamente gótico, hierático, e con fondos dourados. Posteriormente, evolucionou cara a liñas sinuosas e fluídas como se pode observar nos corpos e nas roupas. Os seus personaxes son realistas, con expresións patéticas e un forte dramatismo, que pretende causar un grande impacto emocional nos espectadores.

En Flandres, naqueles tempos, a tendencia relixiosa dominante era a devotia moderna que exhortaba os crentes a meditar sobre a humanidade de Cristo, o cal era representado no contexto da súa vida. A obra de Rogier, carecida dun halo, pretende atraer o espectador de forma que este participe efectivamente na escena que ten ante el.

Se Jan van Eyck foi a gran figura dos primitivos flamengos, Rogier contribuíu a mellorar a escola co seu xenio. Max Frieländer, o experto en pintura flamenga do século XV, sentenciou: "Jan van Eyck era un explorador, mentres que Rogier era un inventor". A diferente natureza dos dous fundadores da pintura flamenga consiste no feito de que "van Eyck observaba cousas que ningún pintor non observara nunca, mentres que van der Weyden trataba de expresar sentimentos e sensacións -especialmente os dolorosos- como ningún outro pintor conseguira capturalo". O sorriso das súas nais de Deus evoca un afecto maternal e, á vez, tristes presentimentos. A expresión dos doadores é de recollemento e cunha actitude profundamente pietosa. A súa pintura permitiu o "descubrimento do mundo visíbel"; investigou a realidade e procurou a reprodución fiel, e conseguiuno apoiándose en novas técnicas pictóricas, e decantouse máis cara ao realismo que cara ao simbolismo de van Eyck. Entre as figuras relixiosas desenvolveu un novo sentido da acción, coma se fosen nun tableau vivant e conseguindo, amais, a primeira expresión convincente e non convencional dos sentimentos.

Influencia

A súa vigorosa, sutil e expresiva pintura, e as concepcións relixiosas populares tiveron unha influencia considerábel sobre a pintura europea, non tan só en Francia e Alemaña, senón tamén en Italia e en España. Hans Memling foi o seu seguidor máis relevante, aínda que non está demostrado que fose un dos seus alumnos.

Influíu noutros artistas posteriores, como Hugo van der Goes, Petrus ChristusDirk Bouts e Gerard David, así como no pintor e gravador alemán Martin Schongauer as impresións do cal se distribuíron por toda Europa a partir das últimas décadas do século XV. Indirectamente, as impresións de Schongauer axudaron a difundir o estilo de Van der Weyden.

A carencia de firma, que non permitía identificar as súas obras, e un erro de identificación de Karel van Mander, o pintor e biógrafo dos artistas flamengos, provocou que a súa figura quedase escurecida entre o século XVI e o XIX, cando os investigadores Karl Schnaase ou Gustav Friedrich Waagen recuperaron a autoría e o recoñecemento do pintor.

Políptico do Xuízo final, cara a 1445-1448, óleo sobre táboa e follas de ouro, 215 × 560 cm (aberto), Museo del Hôtel-Dieu, Beaune.

Obras

Con certeza, ao partir dunha base documental do século XV, non se pode atribuír ningún traballo a Rogier van der Weyden. Aínda así, Lorne Campbell manifestou que hai polo menos tres pinturas moi autenticadas, se ben en diferentes momentos se dubidou ou se subestimou a súa autoría. A obra mellor documentada é o Descendemento da Cruz que está no Museo do Prado (Madrid). Campbell sinala que a historia desta pintura se pode reconstruír con detalle dende o século XVI e en rexistros posteriores. Os outros dous traballos certificados son o Retablo de Miraflores, exposto en Berlín, e a Crucifixión do Monasterio del Escorial.

Galería de imaxes

Notas

  1. O nome real do pintor é descoñecido e aparece transcrito de moi diversas formas como Rogier ou Rogelet de la Pasture, Rogiere van der Weyden, Rogerio e Rugerio, entre outros. A partir de 1435, tras establecer a súa residencia en Bruxelas, a utilización da forma flamenca do nome en detrimento do francés será máis frecuente. Rogier van der Weyden é a forma preferida actualmente tal e como aparece nun documento notarial: "Rogier van der Weyden, Rogier de le Pasture", L'Héritage de Rogier van der Weyden, exposición realizada nos Musées royalaux des beaux-arts de Belgique. , outubro/novembro, 2013.
  2. Campbell & Van der Stock (2009), p. 7

Véxase tamén

Bibliografía

  • Campbel, Lorne (1998). The Fifteenth Century Netherlandish Schools (en inglés). Londres: National Gallery Publications. ISBN 1-85709-171-X. 
  • Campbell, Lorne; Van der Stock, Jan (2009). Rogier Van Der Weyden 1400-1464: Master of Passions (en inglés). Lovaina: Waanders Uitgeverij. ISBN 9789085261056. 
  • Clark, Kenneth (1960). Looking at Pictures (en inglés). Nova York: Holt Rinehart and Winston. 
  • Panofsky, Erwin (2007). Los primitivos flamencos (en castelán). Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-1617-4. 
  • Mander, Karel van (2012). Vidas de los pintores flamencos (en castelán). (traducido por Agustín Temes). Madrid: Casimiro. ISBN 978-84-15715-02-3. 

Outros artigos