República CentroafricanaHimno La Renaissance Lema «Unité, Dignité, Travail » «Unity, Dignity, Work » «Единство, достойнство, труд » «Единство, достоинство, труд » «Undon, Urddas a Gwaith »
Capital Bangui Contén a división administrativa Poboación 5.152.421 (2023) (8,27 hab./km² ) Lingua oficial lingua francesa Lingua sango Parte de Superficie 622.984 km² Punto máis alto Monte Ngaoui (pt) (1.410 m) Punto máis baixo Río Ubangi (335 m) Comparte fronteira con Precedido por Creación 1960 • Presidente da República Centroafricana Faustin-Archange Touadéra (2016–) • Prime Minister of the Central African Republic (en) Félix Moloua (pt) (2022–sen valor) Órgano lexislativo National Assembly (en) , (Escano: 100) Membro de PIB nominal 2.516.498.412 $ (2021) Moeda franco CFA de África Central Fuso horario Dominio de primeiro nivel .cf Prefixo telefónico +236 Teléfono de emerxencia 117 , 118 e 1220 (pt) Código de país CF
A República Centroafricana [ 1] [ 2] (en francés : République centrafricaine ) é un país situado no centro de África . Limita co Chad ao norte, con Camerún ao oeste, coa República do Congo e a República Democrática do Congo ao sur, e con Sudán ao leste.
Historia e política
Os franceses colonizaron a rexión a fins do século XIX . Durante a segunda guerra mundial , a colonia uniuse ás forzas aliadas.
Foi colonia francesa até 1960 , cando obtivo a independencia. O seu primeiro presidente (David Dacko ) organizou un autogolpe de estado e instaurou unha ditadura . En 1966 o xeneral Jean-Bédel Bokassa fixo un golpe de estado e autonomeouse presidente vitalicio e Mariscal da República. O 4 de decembro de 1976 Bokassa autoproclamouse Emperador e fundou o Imperio Centroafricano . En 1979 , durante unha viaxe ó estranxeiro, Bokassa foi deposto e volveu á República.
En 1981 David Dacko volveu gaña-las eleccións, pero logo foi derrocado polo golpe militar do xeneral André Kolingba . En 1987 Bokassa volveu ó país e foi condenado a morte, o ano seguinte, o presidente Kolingba conmutou a sentenza por cadea perpetua.
O 2 de xullo de 1991 comezou un novo proceso constituínte para dar paso ó posterior
multipartidismo. O 15 de marzo do 2003 , François Bozizé chegou ó goberno grazas a un golpe de estado .
Subdivisións
A República centroafricana está composta de 14 prefecturas e 2 prefecturas económicas. As 14 prefecturas son Bamingui-Bangoran , Base-Koteto , Alta-Koteto , Alta-Sangha , Alto-Mbomou , Kemo-Gribingui , Lobaye , Mbomou , Nana-Mambere , Ombella-Mpoko , Ouaka , Ouham , Ouham-Penda e Vakaga . As dúas prefecturas económicas son Gribingui e Sangha . Bangui ten o estatuto de concello .
Xeografía
A República centroafricana é un país enclavado. O Monte Ngaoui , cos seus 1.420 m, é o punto máis alto. O subsolo contén diamantes , uranio e ouro . O petróleo e maila enerxía hidroeléctrica son outros recursos importantes.
O país sofre de inundacións e de deforestación .
Economía
O ingreso por habitante era de 310 dólares no 2000 . A agricultura representa o 55% do PIB . Os principais cultivos son as bananas , o millo , o café , o algodón e o tabaco .
Demografía
O país conta con máis de oitenta etnias falando cadansúa lingua diferente.
Evolución da demografía entre 1961 e 2003. Poboación en milleiros de habitantes.
Notas