Ratel

Ratel
Rango fósil: Plioceno medio – Actual
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mellivorinae[2]
Xénero: Mellivora
(Storr, 1780)
Especie: M. capensis
Nome binomial
Mellivora capensis
Schreber, 1776
Distribución
Distribución

Distribución

O ratel[3] (Mellivora capensis) é unha especie de mamífero, única especie do xénero Mellivora e este o único xénero da subfamilia Mellivorinae dos mustélidos. É nativo de África, suroeste de Asia e o subcontinente indio. Está clasificado como nunha situación "pouco preocupante" pola IUCN debido á súa extensa área de distribción e adaptacións ambientais xerais. É principalmente carnívoro e ten poucos predadores naturais a causa da súa grosa pel e gran ferocidade á hora de defenderse.

Etimoloxía

Ratel é unha palabra da lingua afrikaans (bóer) de Suráfrica, posiblemente derivada da palabra do holandés medio raat, que significa 'panal de mel' (sexa por onomatopea polo son que emite ou polo seu gusto polo mel).

Taxonomía

Esqueleto no Muséum national d'histoire naturelle de Francia.

O ratel é a especie monotípica do xénero Mellivora. Aínda que na década de 1860 clasificouse na subfamilia do teixugo (Melinae), agora considérase que ten poucas semellanzas cos Melinae, e que está máis relacionado coa subfamilia das martas (Mustelinae), pero con características propias dabondo como para ser asignado á súa propia subfamilia (Mellivorinae).[4] Entre as diferenzas entre Mellivorinae e Melinae está as súas distintas fórmulas dentais. Aínda que non é da mesma subfamilia que os glutóns, que son un xénero de gran tamaño e bastante atípico dos Mustelinae, o ratel pode ser considerado como outra forma análoga extra grande de denosiña ou furón.

A especie apareceu no Plioceno medio en Asia. Os seus parentes máis próximos eran as especies do xénero extinto Eomellivora, que se coñecen desde o Mioceno superior, e evolucionaron dando diferentes especies ao longo de todo o Plioceno tanto no Vello coma no Novo Mundo.[5]

Subespecies

En 2005 recoñecíanse 12 subespecies.[6] Aspectos que se tiveron en consideración para distinguir as diferentes subespecies son o tamaño e a extensión da cor branca ou gris no dorso.[7]

Subespecies Autoridade trinomial Descrición Área de distribución Sinónimos
Mellivora capensis capensis Schreber, 1776 Sur e suroeste de África mellivorus (G. [Baron] Cuvier, 1798)

ratel (Sparrman, 1777)
typicus (A. Smith, 1833)
vernayi (Roberts, 1932)

Mellivora capensis abyssinica Hollister, 1910 Etiopía
Mellivora capensis buechneri Baryshnikov, 2000 Similar ás subespecies indica e inaurita, pero distínguese polo seu gran tamaño e constrición posorbital máis estreita[8] Turkmenistán
Mellivora capensis concisa Thomas e Wroughton, 1907 A pelaxe no dorso consiste en gran medida de pelos ou sedas totalmente brancas e moi longas, e unha fina e negra capa de pelos inferior. A súa característica distintiva é que, a diferenza doutras subespecies, carece dos habituais pelos brancos na área lumbar[9] Zonas do Sahel e o Sudán ata Somalilandia brockmani (Wroughton e Cheesman, 1920)

buchanani (Thomas, 1925)

Mellivora capensis cottoni
Lydekker, 1906 A pelaxe é tipicamente negra na súa totalidade, con pelos finos e ásperos.[9] Ghana, nordeste do Congo sagulata (Hollister, 1910)
Mellivora capensis inaurita Hodgson, 1836 Distinguido da subespecie indica pola súa pelaxe máis lanosa e longa e por ter pelos longos nos talóns[10] Nepal e áreas contiguas cara ao leste
Mellivora capensis indica Kerr, 1792 Distinguido de capensis polo seu menor tamaño, pelaxe máis clara e ter unha banda branca lateral menos aparente separando as áreas negras inferiores das brancas superiores do corpo[11] Oeste de Asia central cara ao norte ata a meseta de Ustyurt e cara ao leste ata o río Amu Darya. Fóra da zona do Turquestán vive tamén en Afganistán, Irán (excepto a parte suroeste), oeste e Paquistán e oeste da India mellivorus (Bennett, 1830)

ratel (Horsfield, 1851)
ratelus (Fraser, 1862)

Mellivora capensis leuconota Sclater, 1867 Toda a parte superior desde a face ata a metade da cola é de cor branca crema con poucos pelos negros mesturados[9] África occidental, sur de Marrocos, República do Congo e áreas adxacentes
Mellivora capensis maxwelli Thomas, 1923 Kenya
Mellivora capensis pumilio Pocock, 1946 Hadramaut (Iemen), sur de Arabia
Mellivora capensis signata Pocock, 1909 Aínda que a súa pelaxe ten unha densidade de branco normal sobre a cabeza, a súa cor clara empeza a facerse máis escasa no pescozo e ombros, continuando nos cuartos traseiros, onde se difumina ata ser negra. Posúe un molar inferior extra no lado esquerdo da mandíbula[9] Serra Leoa
Mellivora capensis wilsoni Cheesman, 1920 Suroeste de Irán e Iraq

Descrición física

O ratel ten un corpo bastante longo, pero está claramente engrosado e é ancho nas costas. A pel é frouxa e isto facilítalle xirar e retorcerse dentro dela.[12] A pel do pescozo ten un grosor de 6 mm, o que é unha adaptación ás loitas conespecíficas.[13] A cabeza é pequena e plana cun curto fociño. Os ollos son pequenos e as orellas son tan pequenas que son como cristas na pel,[12] o que é outra posible adaptación para evitar danos durante as loitas.[13]

Ten patas curtas e robustas, con cinco dedos en cada pé. Os pés están armados con fortes garras, que son curtas nas patas traseiras e notablemente grandes nas patas anteriores. É un plantígrado parcial cuxas plantas dos pés están moi acolchadas e espidas ata a articulación dos pulsos. A cola é curta e cuberta de longos pelos, excepto baixo a base.

En África son os maiores mustélidos terrestres. Os adultos miden de 23 a 28 cm de altura ata a cruz e de 55 a 77 cm de lonxitude corporal, e a cola mide outros 12 a 30 cm adicionais. As femias son menores que os machos.[12][14] Os machos pesan de 9 a 16 kg e as femias de 5 a 10 kg como media. A lonxitude do cranio é de 13,9 a 14,5 cm nos machos e de 13 cm nas femias.[15][16]

Teñen dous pares de glándulas mamarias.[17] O ratel posúe unha bolsa anal eversible, o cal é raro nos mustélidos,[18] un trazo que tamén se observa en hienas e mangostas. O cheiro da bolsa dise que é "asfixiante", e pode axudar a acalmar as abellas cando o ratel está asaltando as colmeas.[19]

O cranio ten poucas semellanzas co dos teixugos europeos e lembra moito máis a unha versión aumentada do dun furón búlgaro.[20] É un cranio moi sólido e o dos adultos non ten trazas de estruturas óseas independentes. A caixa cranial é máis ancha que a dun can.

A fórmula dental é: 3.1.3.13.1.3.1. Os dentes adoitan mostrar signos dun desenvolvemento irregular, e algúns dentes son excepcionalmente pequenos, inseridos en ángulos pouco frecuentes ou están ausentes. Os da subespecie signata teñen un segundo molar inferior no lado esquerdo da mandíbula, pero non no dereito. Aínda que se alimenta predominantemente de comidas moles, as pezas dentais da zona das meixelas a miúdo están moi gastadas. Os dentes caninos son excepcionalmente curtos para ser un carnívoro.[21] A lingua ten papilas bicudas que apuntan cara a atrás, o que axuda a comer alimentos duros.[22]

A pelaxe de inverno é longa (cunha lonxitude de 40 a 50 mm na parte de atrás), e consta de pelos como sedas rudas e ásperas e carece da capa inferior de pelos. Os pelos están aínda máis espallados nos flancos, ventre e inguas. A pelaxe de verán é máis curta (de só 15 mm de longo na parte de atrás) e aínda máis escasa, co ventre medio espido. Os laterais da cabeza e parte inferior do corpo son totalmente negras, pero unha gran banda branca cobre a parte superior, empezando na cabeza e chegando á base da cola.[23] Os da subespecie cottoni son os únicos completamente negros.[9]

Comportamento

Hábitos

Aínda que é un animal principalmente solitario, o ratel pode cazar en parellas durante a tempada de apareamento en maio.[22] Sábese pouco dos hábitos de apareamento do ratel. O seu período de xestación crese que é de polo menos seis meses e xeralmente nacen dúas crías, que nacen cegas. Vocalizan con xemidos queixumentos. A súa esperanza de vida é descoñecida na natureza, mais en catividade sábese que algúns individuos viviron uns 24 anos.[7]

Viven sós en toqueiras que eles mesmos escavan. Son expertos escavadores, capaces de escavar túneles en terreo duro en dez minutos. Estas toqueiras teñen xeralmente un só corredor e unha cámara de cría e adoitan ter de 1 a 3 m de lonxitude. Non colocan un leito de material brando para estrar a cámara de cría.[24] Aínda que normalmente escavan as súas propias toqueiras, poden tomar posesión de toqueiras baleiras de porco formigueiro e xabaril verrugoso ou termiteiros.[22]

Son animais intelixentes e unha das poucas especies qaue pode utilizar ferramentas. Na serie documental de 1997 Land of the Tiger, víase un ratel da India utilizar unha ferramenta (facía rolar un tronco e subíase despois a el) para alcanzar unha presa.[25] Un vídeo feito no centro Moholoholo de Suráfrica mostra un par de rateis usando paus, angazos, montes de lama e pedras para escapar dun pozo.[26]

Como outros mustélidos de tamaño relativamente grande, como os glutóns e teixugos, os rateis son notables pola súa forza, ferocidade e resistencia. Víronse atacar salvaxe e ferozmente a case calquera animal cando están acurralados e escapar parece imposible, e mesmo poden repeler predadores moito máis grnades como os leóns.[27] Os aguillóns das abellas, púas de porco espiños e mordeduras de animais raramente penetran a súa pel. Se cabalos, vacas ou búfalos cafres pasan sobre a toqueira do ratel, esta atácaos. Son virtualmente incansables no combate e poden esgotar a animais moito máis grandes nas confrontacións físicas.[21] A aversión da maioría dos predadores a cazar rateis fixo que se formulase a teoría de que as pelaxes das crías de guepardo evolucionaron para imitar a coloración dos rateis e espantar así os predadores.[28]

Emiten sons roucos. Cando se aparean os machos emiten altos gruñidos.[29] As crías vocalizan xemidos.[7] Cando loitan contra cans, os rateis chían como crías de oso.[30]

Dieta

Despois do glutón, o ratel ten a dieta menos especializada entre os mustélidos.[13] En zonas non desenvolvidas o ratel pode cazar a calquera hora do día, aínda que se fai nocturno en zonas con poboación humana. Cando caza trota cos seus dedos anteriores xirados. Gústalles o mel das abellas e adoitan buscar as colmeas para conseguilo, ao cal debe o seu nome. Son tamén carnívoros e comen insectos, ras, tartarugas, roedores, lagartos, serpes, ovos e aves. Incluso se os ten visto espantar leóns xoves para facerse coas presas que estes cazaron. Comen froitas e outros vexetais como bagas, raíces e bulbos.[22] Malia unha crenza popular estendida, non hai probas claras de que o paxaro guía do mel (que come larvas de abella) o guíe ata as colmeas, pero si pode aproveitarse dos restos das colmeas destruídos.[31][32]

Pode cazar ras e roedores, como os xerbilos e os esquíos de terra (Marmotini), ao desenterralos das súas toqueiras. Poden comer tartarugas se dificultade grazas ás súas poderosas mandíbulas. Matan e comen serpes, mesmo as que son grandes ou moi velenosas. Na India houbo casos en que desenterraron cadáveres humanos.[33] Devoran todas as partes da súa presa, incluíndo a pel, pelos, plumas, carne e ósos, agarrando contra o chan a comida coas patas anteriores.[34] Cando buscan comida vexetal, levantan pedras ou rachan a codia das árbores.[22]

Área de distribución

A especie vive na maioría da África subsahariana, desde a provincia de Cabo Occidental en Suráfrica ao sur de Marrocos e suroeste de Alxeria, e fóra de África en Arabia, Irán e polo occidente de Asia ata Turkmenistán e a India. Vive ata alturas sobre o nivel do mar de 2.600 m no Alto Atlas marroquí e a 4.000 m nas Montañas Bale etíopes.[1]

Relacións cos humanos

Nalgúns sitios son importantes predadores das aves de curral. Como son tan fortes e resistentes son difíciles de disuadir. Rachan grosas táboas dos galiñeiros ou escavan por debaixo dos alicerces de pedra. Nestes casos é fecuente que maten máis do que poden comer.[22]

Debido ao resistente e frouxa que é a súa pel, son moi difíciles de matar usando cans. A pel é difícil de penetrar e a súa frouxeza permítelles xirar e revolverse contra os seus atacantes se o agarran. O único punto seguro para agarrar un ratel é o dorso e o pescozo. A pel é tamén forte dabondo para resistir varios golpes de machete. A única maneira segura de matalos rapidamente é cun golpe no cranio cun pau ou maza ou un tiro na cabeza; a súa pel é case inmune ás frechas e lanzas.[35]

En Kenya, o ratel é un reservoro importante da rabia[36][37] e sospéitase que contribúe de forma importante ao ciclo silvestre desa enfermidade.[38]

Notas

  1. 1,0 1,1 {{{assessors}}} (2008). "Mellivora capensis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 21 March 2009. 
  2. Steve Jackson. "Honey Badger...". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 6 July 2011. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ratel.
  4. Vanderhaar, Jana M. & Yeen Ten Hwang (30 July 2003). "MAMMALIAN SPECIES No. 721, pp. 18, 3 figs. Mellivora capensis. Mellivora capensis". American Society of Mammalogists. 
  5. Heptner & Sludskii 2002, pp. 1209–1210
  6. Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". In Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. p. 612. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  7. 7,0 7,1 7,2 Rosevear 1974, p. 123
  8. Baryshnikov G. (2000). "A new subspecies of the honey badger Mellivora capensis from Central Asia". Acta theriologica 45(1): 45–55. abstract.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Rosevear 1974, pp. 126–127
  10. Pocock 1941, p. 462
  11. Pocock 1941, p. 458
  12. 12,0 12,1 12,2 Rosevear 1974, p. 113
  13. 13,0 13,1 13,2 Kingdon 1989, p. 87
  14. "Kingdon 1977. The Virtual Sett – The data.". badgers.org. 
  15. Heptner & Sludskii 2002, pp. 1216–1217
  16. "Honey badger videos, photos and facts – Mellivora capensis". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 2012-11-27. 
  17. Pocock 1941, p. 456
  18. Ver ilustracións en Ewer 1973, p. 98.
  19. Kingdon 1989, p. 89
  20. Pocock 1941, p. 1214
  21. 21,0 21,1 Rosevear 1974, pp. 114–16
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 Rosevear 1974, pp. 117–18
  23. Heptner & Sludskii 2002, p. 1213
  24. Heptner & Sludskii 2002, p. 1225
  25. India Land of the Tiger பாகம் 4 – ஆங்கிலம். DailyMotion Retrieved on 2015-12-07. Arquivado 21 June 2011 en Wayback Machine.
  26. "Honey Badger Houdini - Honey Badgers: Masters of Mayhem - Natural World - BBC Two : videos". BBC. 
  27. Hunter, Luke (2011). Carnivores of the World. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-15228-8
  28. Eaton, R. L. 1976. "A possible case of mimicry in larger mammals". Evolution 30:853–856.]
  29. Heptner & Sludskii 2002, p. 1228
  30. Pocock 1941, p. 465
  31. Dean, W. R. J.; Siegfried, W. Roy; MacDonald, I. A. W. (1 March 1990). "The Fallacy, Fact, and Fate of Guiding Behavior in the Greater Honeyguide". Conservation Biology 4 (1): 99–101. doi:10.1111/j.1523-1739.1990.tb00272.x. Consultado o 11 March 2013. 
  32. Yong, Ed (September 19, 2011). "Lies, damned lies, and honey badgers". Kalmbach. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2013. Consultado o 11 March 2013. 
  33. Pocock, R. I. (1941). Fauna of British India: Mammals Volume 2. London: Taylor and Francis. p. 464.
  34. Rosevear 1974, p. 120
  35. Rosevear 1974, p. 116
  36. Hans Kruuk (2002). Hunter and Hunted: Relationships between Carnivores and People. Cambridge University Press. p. 94. ISBN 978-0-521-89109-7. 
  37. W.K.Chong, RABIES IN KENYA Arquivado 13 de maio de 2013 en Wayback Machine., Southern and Eastern African Rabies Group
  38. Clive Alfred Spinage (2012). African Ecology: Benchmarks and Historical Perspectives. Springer. p. 1141. ISBN 978-3-642-22871-1. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Эмма Радукануангл. Emma Raducanu Дата рождения 13 ноября 2002(2002-11-13)[1] (21 год) Место рождения Торонто, Канада[1] Гражданство  Великобритания Место проживания Лондон, Великобритания Рост 175 см Начало карьеры 2018 Рабочая рука правая Удар слева двуручный Тренер Найджел Си�...

Future total solar eclipse Solar eclipse of December 27, 2084MapType of eclipseNatureTotalGamma−0.4094Magnitude1.0396Maximum eclipseDuration184 sec (3 m 4 s)Coordinates47°18′S 47°42′E / 47.3°S 47.7°E / -47.3; 47.7Max. width of band146 km (91 mi)Times (UTC)Greatest eclipse9:13:48ReferencesSaros133 (49 of 72)Catalog # (SE5000)9698 A total solar eclipse will occur on December 27, 2084. A solar eclipse occurs when the Moon passe...

American politician from North Carolina Brian BiggsMember of the North Carolina House of Representativesfrom the 70th districtIncumbentAssumed office January 1, 2023Preceded byPat Hurley Personal detailsBornBrian O'Neal BiggsPolitical partyRepublicanSpouseHeatherResidenceTrinity, North CarolinaOccupationBrokerWebsiteOfficial website Brian O'Neal Biggs is a Republican member of the North Carolina House of Representatives who has represented the 70th district (including parts of...

Irish journalist and author Helen JoyceJoyce speaking at MoneyConf 2018Born1968 (age 54–55)[1]Dublin, Ireland[1]Alma mater Trinity College Dublin (BA) University of Cambridge (Part III of the Mathematical Tripos) University College London (PhD) OccupationDirector of advocacy for campaign group Sex MattersNotable workTrans: When Ideology Meets RealityFamily Gus Joyce (brother) Ed Joyce (brother) Dominick Joyce (brother) Isobel Joyce (sister) Cecelia Joyce (siste...

Майк Тайсон — Джеймс Дугласангл. Mike Tyson vs. Buster Douglasяп. マイク・タイソン 対 ジェームス・ダグラス戦 Дата 11 февраля 1990 года Место Токио Доум, Токио, Япония Судья Октавио Мейран — рефери; Кен Морита — боковой судья; Ларри Розадилья — боковой судья; Масакадзу Утида — боковой судья. Ти�...

Palustris Experimental ForestLongleaf pines Kisatchie National ForestLocation in LouisianaShow map of LouisianaLocation in United StatesShow map of the United StatesLocationRapides Parish, Louisiana, United StatesNearest cityAlexandria, LouisianaCoordinates31°11′00″N 92°40′00″W / 31.18333°N 92.66667°W / 31.18333; -92.66667[1]Area7,500 acres (3,000 ha)[1]EstablishedJuly 19, 1935[1]Governing bodyUSFS, Southern Research S...

Este artigo não cita fontes confiáveis. Ajude a inserir referências. Conteúdo não verificável pode ser removido.—Encontre fontes: ABW  • CAPES  • Google (N • L • A) (Abril de 2020) Bolívar Brasão Bandeira Fundação 23 de abril de 1884 Região geográfica Sierra Capital Guaranda População 169.370 habitantes Censo 2001 Área 3.926,0 km² Densidade 43,14 hab/km² Cantões 7 Paróquias Urbanas 10 Paróquias Rurais 22 Mapa ...

Abandoned CPR passenger station at Greenville Junction, Maine, opened in 1889. The last passenger service using this station ended on December 17, 1994, with discontinuation of Via's Atlantic service. In the distance is a trestle leading to the former junction with the Bangor and Aroostook Railroad at Moosehead Lake. The International Railway of Maine was a historic railroad constructed by the Canadian Pacific Railway (CPR) between Lac-Mégantic, Quebec, and Mattawamkeag, Maine, closing a key...

Untuk kegunaan lain, lihat London (disambiguasi). LondonIbu kota dan megakotaSearah jarum jam dari atas: City of London dilatarbelakangi Canary Wharf; Trafalgar Square; London Eye; Jembatan Menara; dan plang London Underground di depan Elizabeth Tower BenderaLambangLondonLokasi di Britania RayaTampilkan peta Britania RayaLondonLokasi di InggrisTampilkan peta InggrisLondonLokasi di EropaTampilkan peta EropaLondonLondon (Bumi)Tampilkan peta BumiKoordinat: 51°30′26″N 0°7′39″W /...

Село Правдапол. Prawda Координати 51°38′ пн. ш. 19°28′ сх. д. / 51.633° пн. ш. 19.467° сх. д. / 51.633; 19.467Координати: 51°38′ пн. ш. 19°28′ сх. д. / 51.633° пн. ш. 19.467° сх. д. / 51.633; 19.467 Країна ПольщаПольщаВоєводство Лодзинське воєводство

Congregation Talmud Torah Adereth El Congregation Talmud Torah Adereth El, or Adereth El for short, is an Orthodox Jewish synagogue located at 133 East 29th Street, New York City, New York USA. Founded in 1857, it claims to be the oldest synagogue in its original location with continuous services at the same location.[1] History The Adereth El synagogue was founded by German Jewish immigrants in the fall of 1857. The synagogue opened a building on its current site on 29th Street in 18...

Praia fluvial de Aldeia Ana de AvizLocalizaçãoLocalização Figueiró dos VinhosDescriçãoTipo de praia Fluvialeditar - editar código-fonte - editar Wikidata A Praia fluvial de Aldeia Ana de Aviz é uma praia fluvial localizada na Aldeia Ana de Aviz , em Figueiró dos Vinhos. Localização Á saída da vila de Figueiró dos Vinhos e seguindo na direcção de Aldeia Ana de Aviz, encontrando-se logo à entrada desta localidade (39° 55′ 07,72″ N, 8° 17′ 03,3″ O). Descrição Esta p...

2022年丹麥歐盟選擇退出權公投你是否支持丹麦加入欧盟共同防务机制? [1]日期2022年6月1日 (2022-06-01)結果 票數 % 同意 1,848,738 66.90% 不同意 914,829 33.10% 有效票 2,763,567 98.63% 無效或空白票 38,257 1.37% 總票數 2,801,824 100.00% 已登記選民/投票率 4,260,944 65.76% 各國結果 Result in each polling area. Result in each nomination district and constituency. 公投結果支持:    50–55%  &#...

Church in Illinois, United StatesOur Lady of Perpetual Help ParishOLPHOur Lady of Perpetual Help ParishLocation in the Chicago area42°04′30″N 87°48′06″W / 42.0749°N 87.8017°W / 42.0749; -87.8017LocationGlenview, Cook County, IllinoisCountryUnited StatesDenominationRoman CatholicMembership3,000-4,000 families,[1][2]Websiteolphglenview.orgHistoryFormer name(s)St. JosephDedicatedNovember 1, 1907AdministrationArchdioceseChicagoClergyArchbishopBl...

1971 studio album by Amon Düül IITanz der LemmingeStudio album by Amon Düül IIReleasedMarch 1971Genre Krautrock progressive rock psychedelic folk psychedelic rock avant-garde space rock Length68:28LabelUnited ArtistsAmon Düül II chronology Yeti(1970) Tanz der Lemminge(1971) Carnival in Babylon(1972) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllmusic[1]Pitchfork Media8.8/10[2] Tanz der Lemminge (English: Dance of the Lemmings) is a double LP by the German rock ...

Scientific discipline devoted to the study of protists This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Protistology – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2013) (Learn how and when to remove this template message) Part of a series onBiologyScience of life Index Outline Glossary History (time...

9th or 10-century Irish crozier The Prosperous CrozierThe crozier's crook (head) and drop plateMaterialyew wood, bronze, zinc, tin-alloy, enamelSizeHeight: 134 cm (53 in)CreatedLate 9th or early 10-centuryDiscoveredc. 1831Prosperous, County Kildare, IrelandPresent locationNational Museum of Ireland, Kildare Street, Dublin The Prosperous Crozier is a late 9th-century or early 10-century Irish Insular type crozier that would have been used as a ceremonial staff for bishops and high-st...

Das Infanterie-Regiment „Kaiser Wilhelm“ (2. Großherzoglich Hessisches) Nr. 116 war ein Regiment der Großherzoglich Hessischen Armee, das im Zuge der Militärkonvention von 1867 der Preußischen Armee unterstellt wurde. Fahne des I. – III. Bataillons Fahne des IV. Bataillons Der Stiftungstag des Regimentes war der 17. Juni 1813. Garnison waren zunächst die Schloßkaserne und die Berg-Kaserne, später die Neue Kaserne (bei der Wehrmacht Verdun-Kaserne genannt) in Gießen. Schloß-Kase...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: List of accidents and incidents involving helicopters – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2023) (Learn how and when to remove this template message) This article is a list of accidents and incidents involving helicopters and which are notable e...

Private college in New Delhi, India This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Maharaja Surajmal Institute – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2021) (Learn how and when to remov...