O glutón[2][3] (Gulo gulo) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.
Características
Trátase dun animal cunha lonxitude que oscila entre os 70 e 90 centímetros. O seu peso pode variar entre os 10 e 20 quilogramos. É a especie meirande dentro dos mustélidos. Semella un pequeno oso pardo, co rabo denso e as patas moi longas.
É unha especie solitaria que vive en grandes extensións, sen un lugar permanente de residencia. A súa alimentación é omnívora: dende bagas ata paxaros, lemmings ou lebres. Tamén depreda especies meirandes coma o cervo ou o reno, mais unicamente os individuos enfermos ou envellecidos. En ausencia de caza pode alimentarse de calaza.
Distribución
Por toda a zona de tundra e taiga en Eurasia. Tamén presente no Canadá e Alasca.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía