Ramón Chao

Modelo:BiografíaRamón Chao
Nome orixinalRamón Luís Chao Rego
Biografía
Nacemento(es) Ramón Luis Chao Rego Editar o valor en Wikidata
27 de xullo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 2018 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAntoine Chao, Manu Chao Editar o valor en Wikidata
IrmánsXosé Chao Rego Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX828533 BUSC: chao-ramon-1935 Dialnet: 778911

Ramón Luís Chao Rego, nado en Vilalba o 21 de xullo de 1935 e finado[1] en Barcelona o 20 de maio de 2018, foi un xornalista, escritor e músico galego.

Traxectoria e recoñecementos

Tras recibir o Premio de Virtuosismo de piano en 1955, emigrou a Francia en 1956,[2] onde ampliou estudos musicais. Foi responsable en París das emisións radiofónicas en galego, correspondente da revista Triunfo e redactor xefe do servizo para América Latina de Radio Francia Internacional. En 1960 colaboraba no Servizo de Linguas Ibéricas da RTF, do que sería xefe dez anos despois.

Autor de numerosas obras e traballos xornalísticos sobre os máis diversos temas (sociais, políticos, históricos, culturais...), o francés foi a súa lingua de instalación e de traballo ademais do castelán, pero mantivo sempre o compromiso co galego natal como lingua literaria.

Irmán do teólogo Xosé Chao Rego e pai dos cantantes Antoine Chao e Manu Chao, tivo especial repercusión a súa viaxe en tren pola Colombia dos anos noventa para realizar unha reportaxe xunto a Mano Negra, grupo musical que o seu fillo lideraba naquela altura. En 1985 creou o Premio de Novela Curta Juan Rulfo[3].

Colaborador histórico na televisión francesa e na prensa —especialmente nos periódicos Le Monde e Le Monde diplomatique— o seu prestixio neses ámbitos valeulle ser nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno de Francia en 1991.

Obtivo ademais o Premio Galicia de Comunicación (1997) e en 2001 o Liberpress, outorgado en Girona “pela seva coherència humana i solidaritat periodística”.

Nos últimos anos, Ramón Chao recibiu homenaxes en Santiago de Compostela[4] e en Vilalba, onde lle foi adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños[5].

No ano 2023, a Asociación Arraianos, nomeouno Arraiano Universal.

Obras

Notas

  1. "Morre o xornalista vilalbés Ramón Chao aos 82 anos". El Progreso de Lugo (en inglés). Consultado o 2018-05-20. 
  2. "Biografía en Vieiros". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 06 de xuño de 2010. 
  3. Ramón Chao en Lecturalia (en castelán)
  4. "Homenaxe a Ramón Chao en Compostela". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2018. Consultado o 22 de maio 2018. 
  5. "Homenaxe a Ramón Chao en Vilalba". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2018. Consultado o 22 maio 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas